Mickey Rooney: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxos varios
Jglamela (conversa | contribucións)
Engado premios
Liña 15: Liña 15:
| fillos =
| fillos =
| web = http://www.mickeyrooney.com
| web = http://www.mickeyrooney.com
| premios óscar =
| premios óscar = '''[[Óscar xuvenil]]'''
1938
'''[[Óscar honorífico]]'''
1983
| premios globo de ouro = '''Mellor actor de televisión'''
1964 - ''Mickey''
'''Mellor actor - Miniserie ou telefilme'''
1981 - ''Bill''
| premios globo de ouro =
| premios emmy =
| premios emmy = '''Mellor actor - Serie limitada ou telefilme'''
1981 - ''Bill''
| premios do sindicato de actores =
| premios do sindicato de actores =
| premios bafta =
| premios bafta =

Revisión como estaba o 18 de outubro de 2015 ás 14:13

Modelo:Actor

Rooney en 2013.

Mickey Rooney, nado Joseph Yule, Jr. en Nova York o 23 de setembro de 1920 e finado nos Ánxeles o 6 de abril de 2014, foi un actor estadounidense.

Traxectoria

Fillo dos actores de vodevil Joe Yule e Nellie W. Carter, comezou a súa carreira en 1922 con 17 meses como parte do espectáculo de seus pais ata que se separaron en 1924, quedando Mickey con súa nai que marchou a vivir a Hollywood. A partir de 1927 realizou o papel de Mickey McGuire, baseado na banda deseñada de Fontaine Fox, nunha longa serie de curtas que remataron en 1936.

Ao ano seguinte seleccionouse a Rooney para realizar o papel de Andy Hardy en A Family Affair e fixo o seu primeiro protagonista nunha longametraxe, en Thoroughbreds Don't Cry xunto a Judy Garland. En Boys Town con Spencer Tracy interpretou o seu primeiro papel dramático. Outros filmes de grande éxito foron Babes in Arms (1939), Strike Up the Band (1940) e Babes on Broadway (1941).

Durante a Segunda Guerra Mundial serviu no exército entretendo as tropas en Europa e América e como personalidade da radio da American Forces Network. Despois da guerra volveu á súa carreira como actor pero con menos éxito. The Mickey Rooney Show (1954-1955) foi a primeira serie que realizou para a televisión. Na década de 1960 actuou sobre todo no teatro, aínda que seguiu a actuar en filmes, como en Breakfast at Tiffany's (1961) e na televisón, coa súa propia serie Mickey (1964-1965). Desde entón seguiu a alternar o seu traballo en cine, televisión e teatro.

Véxase tamén

Ligazóns externas