Mar Barcón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiKorunna (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Nados en 1963]]
[[Categoría:Nados en 1963]]
[[Categoría:Concelleiros da Coruña]]
[[Categoría:Concelleiros da Coruña]]
[[Categoría: Corporación Municipal da Coruña 2015-2019]]

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2015 ás 10:20

María del Mar Barcón Sánchez, nada en Ortigueira o 14 de maio de 1963, é unha médico e política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

Licenciada en Medicina e Cirurxía. É concelleira na Coruña dende 1999. Foi concelleira de Servizos Sociais e de Urbanismo. É secretaria de Organización do PSdeG-PSOE. Nas Eleccións autonómicas de 2009 encabezou a candidatura socialista pola provincia da Coruña e foi elixida deputada. En xuño de 2011 renunciou a acta de deputada para ser portavoz do Grupo municipal socialista no Concello da Coruña[1].

Mar Barcón foi conselleira de Caixa Galicia dende 2004 ata 2011, período no que se xestou a venda de participacións subordinadas, coñecidas como preferentes, e apróbanse as indemnizacións millonarias á cúpula directiva. En outubro de 2011 dimitiu do seu cargo.[2]

Encabezou as listas do PSdeG-PSOE ao concello da Coruña nas eleccións municipais do ano 2015, resultando elixida concelleira na oposición. En xullo de 2015 deixa o posto de voceira do grupo socialista no concello[3] en favor do número catro da lista e tamén concelleiro José Manuel Dapena Varela[4].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas