Diferenzas entre revisións de «Davide Ghirlandaio»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Davide di Tommaso Bigordi, nado en [[Florencia]] en [[1452]] e finado na mesma cidade o [[10 de agosto]] de [[1525]], coñecido, polos seus irmáns co alcume de Ghirlandaio, foi un pintor [[italia|italiano]], coetáneo de [[Sandro Botticelli|Botticelli]] e de [[Filippino Lippi]].
 
Foron os seus irmáns os tamén pintores [[Benedetto Ghirlandaio]] ([[1458]]-[[1497]]) e [[Domenico Ghirlandaio]] ([[1449]]-[[1494]]), o máis célebre deles. Sobriño seu foi o fillo de Domenico, [[Ridolfo Ghirlandaio]] ([[1483]]-[[1561]]).
 
Davide traballou sobre todo como axudante de Domenico, encargándose tamén das finanzas do negocio familiar. Tras a morte deste, asumiu a dirección do taller e a tutela do seu sobriño Ridolfo.
 
De estilo semellante ao do seu máis dotado irmán, é ,porén, inferior a el no debuxo e o modelado dos panos. Unha mostra do seu traballo como artista independente atópase enna [[basílica de Santa Maria Novella]] (Florencia) cunha táboa, "Santa Lucía e un doador" (datado en 1494). Vasari lémbranos outros encargos da súa man, como unha "Crucifixión con santos", no cenáculo de Santa Apollonia.
 
Foi un notábel mosaicista. Súas son as decoracións da [[Catedral de Orvieto]] e as doda [[Santa María del DuomoFiore]] de Florencia (''luneto da Anunciación''), así como as da fachada da [[basílica dadella Santissima Annunziata]], tamén na cidade do [[río Arno|Arno]].
 
== Obras ==
2.518

edicións

Menú de navegación