Grafton Elliot Smith: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en 1871 mediante HotCat |
m engado a Categoría:Finados en 1937 mediante HotCat |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
[[Categoría:Personalidades da antropoloxía]] |
[[Categoría:Personalidades da antropoloxía]] |
||
[[Categoría:Nados en 1871]] |
[[Categoría:Nados en 1871]] |
||
[[Categoría:Finados en 1937]] |
Revisión como estaba o 6 de marzo de 2015 ás 22:49
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Grafton Elliot Smith (Grafton, Nova Gales do Sur 1871 - Londres 1937) foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.
Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sidney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de Medicina de Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios x a unha momia.
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909 de volta ao Reino Unido foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a Primeira Guerra Mundial serviu en hospitais militares.
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.
Smith cría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica
europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.