Mission: Impossible (filme): Diferenzas entre revisións
engado cat |
engado cat |
||
Liña 70: | Liña 70: | ||
[[Categoría:Filmes de Pinewood Studios]] |
[[Categoría:Filmes de Pinewood Studios]] |
||
[[Categoría:Filmes rodados en Virxinia]] |
[[Categoría:Filmes rodados en Virxinia]] |
||
[[Categoría:Filmes rodados na República Checa]] |
Revisión como estaba o 14 de novembro de 2014 ás 18:18
Misión: Imposible | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mission: Impossible |
Director | Brian De Palma |
Produtor | Tom Cruise Elias Badra Paula Wagner |
Guión | David Koepp Steven Zaillian |
Baseado en | Mission: Impossible, de Bruce Geller |
Intérpretes | Tom Cruise Jon Voight Emmanuelle Béart Henry Czerny Jean Reno Ving Rhames Kristin Scott Thomas Vanessa Redgrave |
Música | Danny Elfman Lalo Schifrin (temas) |
Estudio | Cruise/Wagner |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 22 de maio de 1996 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, espionaxe |
Orzamento | 80 millóns de dólar estadounidenses[1] |
Filme seguinte | Mission: Impossible 2 |
Na rede | |
https://www.paramountmovies.com/movies/mission-impossible | |
Mission: Impossible é unha longametraxe dirixida por Brian De Palma estreada nos cines dos Estados Unidos o 22 de maio de 1996. O guión foi escrito por David Koepp e Steven Zaillian, do que despois se fixo unha novela. Está baseada na serie de televisión Mission: Impossible. A película está protagonizada por Tom Cruise no papel de Ethan Hunt e foi a terceira máis exitosa do ano.
Argumento
Ethan Hunt (Tom Cruise) é un axente capaz de resolver calquera tipo de situación coa máxima elegancia. Forma parte dun equipo dirixido polo axente Jim Phelps (Jon Voight), que se volveu reunir para unha difícil misión: evitar a venda dun disco roubado que contén información secreta de vital importancia. Todo se complica cando o grupo de axentes cae nunha emboscada na que tan só el e outra axente sobreviven. Ethan é visto como un traidor e como culpable da morte do resto do seu equipo, polo que escapa e tenta demostrar a súa inocencia. Hunt fará todo o posible para desenmascarar os culpables, que en realidade están dentro da propia axencia.
Personaxes
- Tom Cruise como Ethan Hunt
- Jon Voight como Jim Phelps
- Emmanuelle Béart como Claire Phelps
- Henry Czerny como Eugene Kittridge
- Jean Reno como Franz Krieger
- Ving Rhames como Luther Stickell
- Kristin Scott Thomas como Sarah Davies
- Vanessa Redgrave como Max
- Ingeborga Dapkūnaitė como Hannah Williams
- Emilio Estevez como Jack Harmon (sen acreditar)
- Karel Dobrý como Matthias
- Olegar Fedoro como Axente de Kiev
- Dale Dye como Frank Barnes
Lugares de filmación
Notas
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Mission: Impossible".