Vixía de Herbeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Permitinme, humildemente, mudar o pé de foto da imaxe que ilustra o artigo, xa que se corresponde realmente coa Enseada de Cortes, xa camiño de Cedeira dende Teixido. A Herbeira localízase uns tres quilómetros cara ao norleste.
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|43|43|29|N|07|56|53|W|display=title}}
{{Coordenadas|43|43|29|N|07|56|53|W|display=title}}

[[Ficheiro:Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia.jpg|dereita|miniatura|250px|Os cantís de Vixía Herbeira.]]
[[Ficheiro:Os cantís máis altos de Europa. Teixido, Galicia.jpg|miniatura|250px|Os cantís da Enseada de Cortes (Santo André de Teixido), preto de Vixía Herbeira.]]

'''Vixía Herbeira''' é un punto da costa galega, o punto máis alto da [[Serra da Capelada]], onde se achan os [[Cantil|cantís]] cunha maior cota sobre o nivel do mar da [[Europa]] continental, con 613 metros sobre o mesmo,<ref>[http://www.galicia360.com/comarca-de-ortegal/mirador-de-vixia-de-herbeira.html ''Mirador de Vixía de Herbeira'']. Fotopanorama. Consultado o 21 de xullo de 2011.</ref> e o cuarto de maior altura de Europa (se incluímos as illas), tralos de [[Hornelen]] (860 m), [[Viðoy|Cabo Enniberg]] (754 m) e [[Croaghaun]] (668 m). Outros de altura semellante son [[Preikestolen]] (604 m), [[Slieve League]] (601 m) e [[Cabo Girão]] (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2014 ás 10:07

Coordenadas: 43°43′29″N 07°56′53″O / 43.72472, -7.94806

Os cantís da Enseada de Cortes (Santo André de Teixido), preto de Vixía Herbeira.

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da Serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo,[1] e o cuarto de maior altura de Europa (se incluímos as illas), tralos de Hornelen (860 m), Cabo Enniberg (754 m) e Croaghaun (668 m). Outros de altura semellante son Preikestolen (604 m), Slieve League (601 m) e Cabo Girão (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

Situación

Atópanse entre os concellos de Cedeira e Cariño (Provincia da Coruña), na estrada que une a vila de Cariño coa de Santo André de Teixido e Cedeira. Moi preto de Herbeira está o cabo Ortegal onde fican as rochas máis antigas da península Ibérica e as cuartas do mundo.

No alto do beiril hai un punto xeodésico e unha garita de vixilancia (Garita de Herbeira). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de uces e toxos na que pace gando vacún e cabalar.

Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país.

Na parte posterior instalouse unha central eólica para aproveitar a forza do vento na zona.

Garita de Herbeira

Garita de Herbeira.

A garita de Herbeira é unha vella caseta no mesmo beiril do cantil, tipo alpendre, construída orixinariamente no século XVIII. O caseto actual data de 1805, e foi deseñado polos enxeñeiros da coroa de entón e construído polos veciños da comarca. Formaba parte dunha serie de construcións dedicadas á vixilancia costeira e marítima ao longo da costa, e que acollerían un pequeno destacamento militar.

A garita arrodéase dun pequeno valado de pedra. Os muros son de cachotaría de pedra de gra, cunha planta é rectangular de tan só uns 15 m². Só conta con catro ocos, a porta e tres xaneliñas. Ten tamén unha cheminea. A cuberta soluciónase coa mesma pedra formando unha bóveda. No ano 2003 a garita e a súa contorna foron restauradas.

Notas

  1. Mirador de Vixía de Herbeira. Fotopanorama. Consultado o 21 de xullo de 2011.

Véxase tamén

Outros artigos