Parkway Drive: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 114: Liña 114:
[[Categoría:Grupos musicais de Australia]]
[[Categoría:Grupos musicais de Australia]]
[[Categoría:Grupos musicais de metalcore]]
[[Categoría:Grupos musicais de metalcore]]
[[Categoría:Grupos musicais en inglés]]
[[Categoría: Grupos musicais formados en 2002]]

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2014 ás 11:08

Parkway Drive
Parkway Drive en Bangkok no 2009
OrixeByron Bay, New South Wales, Australia
Período2002 - actualidade
Xénero(s)Metalcore
Selo(s) discográfico(s)Resist Records, Burning Heart Records, Epitaph Records
MembrosBen Gordon, Luke Kilpatrick, Jeff Ling, Winston McCall, Jia O'Connor
Antigos membrosBrett Versteeg, Shaun Cash
Na rede
http://parkwaydriverock.com
Facebook: parkwaydrive Twitter: parkwayofficial Instagram: parkwaydriveofficial MySpace: parkwaydrive Youtube: UCP0efewXEcuCddMFLjlCDJQ TikTok: parkwaydrive Bandcamp: parkwaydriveresistSouncloud: parkway-drive Spotify: 159qqlGwzE04xyqpfAwRLo iTunes: 166667737 Last fm: Parkway+Drive Musicbrainz: a436dd02-0549-4c91-b608-df451217fdeb Songkick: 514468 Discogs: 441052 Allmusic: mn0001393036 Deezer: 16410 Genius: Parkway-drive Editar o valor em Wikidata

Parkway Drive é unha banda de metalcore procedente de Byron Bay, New South Wales, Australia, constituída no ano 2002.[1][2] Dende o ano 2013, Parkway Drive publicou catro discos: Killing with a Smile, Horizons, Deep Blue, e Atlas; ademais dun EP, dous DVD e un libro, Ten Years of Parkway Drive.

Historia

Formación e Killing with a Smile

Parkway Drive formouse a finais do 2002. O nome da banda ten a súa orixe na súa cidade natal, Byron Bay, onde o grupo ensaiaba na casa dun dos seus membros, chamada "Parkway House", en Parkway Drive (o nome da rúa). Pouco tempo despois da súa formación, no ano 2003, lanzaron un disco compartido xunto coa banda de Metalcore I Killed the Prom Queen titulado "I Killed the Prom Queen / Parkway Drive: Split CD". Parkway Drive tamén apareceu en The Red Sea Compilation What We've Built e despois publicou un EP titulado "Don't Close Your Eyes". Despois deste lanzamento, o seu baixista orixinal, Brett Versteeg, deixou a banda e foi substituído por Shaun Cash.

En maio do 2004 viaxaron aos Estados Unidos para gravar o seu primeiro disco co produtor de metal Adam Dutkiewicz, guitarrista da banda de metalcore Killswitch Engage, que traballou con bandas coma Unearth e Underoath. O álbum debut da banda titulado "Killing with a Smile" publicouse en agosto do 2005 e vendeu arredor de 30.000 copias en Australia. En xuño do 2006 firmaron con Epitaph Records, que lanzou o seu álbum debut nos Estados Unidos durante agosto dese mesmo ano.

A finais de maio do 2006, o baixista Shaun Cash deixou a banda por motivos persoais co apoio de toda a banda. O grupo atopou un substituto nun amigo de toda a vida, Jia "Pie" O'Connor , quen daquela non sabía tocar o baixo e tivo tres días para aprender todas as cancións e que tocaría coa banda durante o resto da súa primeira xira internacional no Reino Unido, en Europa e máis tarde nos Estados Unidos.

Horizons (2007–2009)

Parkway Drive no Warped Tour do 2007.

O 3 de marzo do 2007 o grupo presentou dúas novas cancións nun evento no local londinense Underworld, The Siren's Song e Carrion, que formarían parte do novo disco, Horizons. Este segundo álbum de estudio publicouse o 6 de outubro do 2007, tamén producido por Adam Dutkiewicz. O grupo incluíuse no cartel do Vans Warped Tour do 2007 como a única banda australiana de toda a xira. O disco foi moi ben acollido pola crítica e seguidores por igual e debutou no posto número 6 dos ARIA Charts, a listaxe dos discos máis vendidos da semana en Australia. Despois do seu lanzamento, comezaron unha xira polos Estados Unidos, Australia e Europa con bandas como Killswitch Engage, Bury Your Dead, Darkest Hour e outras. Entre as numerosas xiras que realizaron despois do lanzamento de Horizons, a que máis se destacou foi a Sweatfest, na que viaxaron por toda Australia. No 2009 encabezaron unha xira nos Estados Unidos xunto con Stick to Your Guns e Mychildren Mybride, outra por Xapón xunto con Shai Hulud e Crystal Lake e tocaron en importantes festivais coma o The Bamboozle en New Jersey e no Download Festival de Inglaterra.

En maio do 2009, Parkway Drive anunciou que estaba por lanzar un DVD, no que se incluía unha actuación en directo e un documental do nacemento e progreso da banda. O grupo tamén anunciou unha xira por Australia con August Burns Red e Architects. Acompañaríanos Hand on Mercy nas súas actuacións en Sydney, Safe Hands en Newcastle, Sink Or Swim na súa cidade natal, Byron Bay, House Vs. Hurricane e In Trenches en Melbourne, Dead Kings en Camberra, Wish for Wings en Brisbane e Abandon All Hope en Adelaide.


Deep Blue (2010–2012)

O 23 de marzo do 2010, Parkway Drive entrou no estudio para comezar a gravar o seu terceiro álbum, Deep Blue, co produtor Joe Barresi. Segundo o seu vocalista Winston McCall, este ía ser o seu albun máis crudo e pesado ata a data. [12] De acordo cunha entrada en Myspace, o 1 de abril do 2010 remataran a gravación da batería para o disco. [13] Segundo o publicado o 8 de abril do 2010, Parkway Drive rematara coas guitarras rítmicas, o baixo e a voz para o próximo disco, aínda sen título. O 17 de abril do 2010, o grupo anunciou oficialmente que remataran a gravación deste disco e engadiu un vídeo de estudio ao seu Myspace. O 26 de abril, o vocalista Winston McCall revelou nunha entrevista [14] os títulos de dúas novas cancións: "Home Is For The Heartless" (con Brett Gurewitz de Bad Religion) e "Hollow" (con Marshall Lichtenwaldt de The Warriors). Este álbum levounos a unha xira mundial, na que recorreron Europa, América, Asia e algúns países de África. Posteriormente lanzaron un DVD chamado 'Home Is for the Heartless', no que se amosan as principais paradas da banda durante a xira, así como as experiencias e emocións dos integrantes no momento de coñecer novas culturas.

Durante a xira do 2009 polo Reino Unido e Europa, o grupo presentou e tocou unha nova canción chamada "Unrest", que estaría no seu próximo disco. En maio dese ano, Parkway Drive anunciou que o disco se chamaría "Deep Blue" e que se publicaría o 25 de xuño en Australia, o 28 de xuño en Europa e no Reino Unido e o 29 de xuño nos Estados Unidos. O 14 de maio a banda actualizou o seu perfil de MySpace para anunciar a próxima publicación do disco e revelaron a primeira canción do mesmo, Sleepwalker, neste mesmo formato o 18 de maio do 2010. Ese mesmo día, Parkway Drive colgou un vídeo para promocionar a súa xira europea "Never Say Die!", na que actuarían con outros grupos como Comeback Kid, Bleeding Through, Emmure, War from a Harlots Mouth, Your Demise e We Came As Romans.

En decembro do 2010 o grupo participou na xira por Australia e Nova Zelanda do festival "No Sleep Til" con Megadeth, NOFX, Dropkick Murphys, A Day To Remember, GWAR, Atreyu, Descendents, Alkaline Trio, Frenzal Rhomb, Me First and the Gimme Gimme's, Suicide Silence, August Burns Red, Katatonia, 3 Inches of Blood, We Came As Romans, House Vs. Hurricane e Confession. Ademais, a banda anunciou a través de Facebook unha xira polos Estados Unidos para febreiro/marzo do 2011 xunto con The Warriors, The Ghost Inside e Set Your Goals.

Atlas (2012–2012)

Nunha entrevista con Reviewed Music, Winston McCall declarou que "Parkway Drive entrará no estudio despois da xira de abril por Europa e polo Reino Unido para comezar a gravar o seu cuarto disco". O grupo anunciou a través de Instagram que comezara oficialmente a gravación o 20 de xuño nos Ánxeles California.

O 8 de setembro do 2012, Parkway Drive publicou o primeiro single de Atlas, “Dark Days” xunto cun vídeo musical. O 16 de outubro, o grupo colgou outra canción do disco, "Old Ghosts / New Regrets", en Youtube e compartiuna a través dos seus perfís de Facebook e Twitter.

Finalmente, o álbum publicouse o 26 de outubro do 2012 en Australia, o 29 no Reino Unido e o 30 en Estados Unidos.

En xaneiro do 2013, Parkway Drive anunciou unha xira de promoción de Atlas polos Estados Unidos con The World Alive, Veil of Maya, Rescued By A Sinking Ship e While She Sleeps como invitados especiais. Esta xira durou dende o 29 de marzo ata o 19 de abril. Neste mesmo mes, o grupo anunciou unha xira por Australia para conmemorar os seu décimo aniversario, na que incluirían temas de todos os seus discos e na que estarían acompañados por Confession, Northlane e Thy Art Is Murder en datas seleccionadas.

En setembro do 2013, durante a xira por Australia, a banda publicou o seu primeiro libro, "Ten Years of Parkway Drive". O libro contén imaxes nunca vistas dos dez anos de Parkway Drive como grupo e moitos datos sobre a vida e a historia do grupo, dun xeito similar ao seu primeiro DVD, publicado no 2009.

En febreiro do 2014, Parkway Drive anunciou que formaría parte da escena principal do Vans Warped Tour de 2014.

Próximo disco (2014-actualidade)

En abril do 2014, a banda anunciou no seu perfil de Instagram que estaba traballando nun novo disco que ten previsto publicar no outono de 2014. Recentemente, o vocalista Winston McCall declarou que o disco non se publicará ata principios do 2015, xa que o grupo está actualmente a facer este disco do mellor xeito posible.

Estilo e influencias

O xénero de Parkway Drive definiuse en múliples ocasións como metalcore [3][4][5][6][7][8][9][10][11]. O son do grupo consiste no chamado screaming (voces berradas), riffs de guitarra e breakdowns de hardcore e punk. Ademais, son unha das poucas bandas modernas de metalcore que non inclúen voces melódicas. As influencias do grupo inclúen a Metallica, Slayer, Rage Against the Machine, Unearth, In Flames, Evergreen Terrace, Bleeding Through, Killswitch Engage, Bad Religion, Pennywise, The Offspring e Hatebreed.[12]. O irmán pequeno do vocalista de Parkway Drive, Winston, é tamén vocalista do grupo de hardcore 50 Lions. [11]

Membros

Actuais

  • Winston McCall - Vocalista
  • Ben Gordon - Batería
  • Jeff Ling - Guitarra
  • Luke Kilpatrick - Guitarra
  • Jia "Pie" O'Connor - Baixo

Outros membros

  • Brett Versteeg - Baixo
  • Shaun Cash - Baixo

Discografía

Álbums

  • 2005 - Killing With a Smile (Resist Records, Epitaph Records)
  • 2007 - Horizons (Resist Records, Epitaph Records)
  • 2010 - Deep Blue (Resist Records, Epitaph Records)
  • 2012 - Atlas (Resist Records, Epitaph Records)

EP'S

  • 2003 - Split EP con I Killed The Prom Queen
  • 2004 - Don't Close Your Eyes EP (Resist Records)
  • 2006 - Don't Close Your Eyes (Reissue) EP (Resist Records)

Outros lanzamentos

  • N/A - "What We've Built" BBHC compilation
  • 2006 - Smoke 'Em If Ya Got 'Em [Music Video] (Resist Records)
  • 2007 - Boneyards [Music Video] (Resist Records)
  • 2010 - Sleepwalker [Music Video] (Epitaph Records)
  • 2011 - Karma [Music Video] (Epitaph Records)
  • 2012 - Dark Days [Music Video] (Epitaph Records)
  • 2013 - Wild Eyes" [Music Video] (Epitaph Records)

Referencias

  1. Parkway Drive Allmusic
  2. Killing with a Smile Fret Play
  3. "Parkway Drive". Allmusic. 
  4. "Parkway Drive - Atlas". Decoy Music. Consultado o 25 December 2012. 
  5. "Parkway Drive - Atlas (2012)". Me Gusta Reviews. Consultado o 25 December 2012. 
  6. "Parkway Drive - Deep Blue". Epitaph. Consultado o 25 December 2012. 
  7. "Parkway Drive". Punk News. Consultado o 25 December 2012. 
  8. "Parkway Drive - Atlas". Revolver Magazine. Consultado o 25 December 2012. 
  9. "Parkway Drive - Atlas". Kill Your Stereos. Consultado o 25 December 2012. 
  10. "Parkway Drive - Killing With a Smile". Metal Review. Consultado o 25 December 2012. 
  11. 11,0 11,1 "Parkway Drive". Rhapsody. Consultado o 26 December 2012. 
  12. "Parkway Drive - Interviews: Kill Your Stereo". Kill Your Stereo. Consultado o 18 August 2013. 

Ligazóns externas

Horizons]