August Burns Red

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
August Burns Red
AugustBurnsRed April 2011.jpg
OrixeLancaster, Pensilvania, Estados Unidos
Período2003 - presente
Xénero(s)metalcore
Selo(s) discográfico(s)Solid State, CI Records
MembrosJake Luhrs
JB Brubaker
Brent Rambler
Dustin Davidson
Matt Greiner
Antigos membrosJon Hershey
Josh McManness
Jordan Tuscan
Páxina webhttp://augustburnsred.com

August Burns Red é unha banda de metalcore orixinaria de Lancaster, Pensilvania. Constituído en marzo do 2003, o grupo comezou as súas actuacións cando a maior parte dos seus compoñentes aínda cursaba o último curso do instituto e non tardaron en dar concertos nos arredores da súa cidade natal, antes de firmar con CI Records e, máis tarde, con Solid State Records. As súas influencias principais, segundo a propia banda, son Between the Buried and Me, Misery Signals e Hopesfall.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación e Thrill Seeker (2003-2006)[editar | editar a fonte]

August Burns Red formouse en marzo do 2003, cando todos os seus membros estaban aínda no instituto. O lugar para as sesións de ensaio foi nun principio o soto da casa familiar dos Greiner. Despois de tocar moitos concertos na zona de Lancaster, a banda gravou o seu primeiro EP no 2004, titulado Looks Fragile After All, baixo o selo CI Records.[1] Despois dun ano de dar concertos cun novo vocalista, a banda firmou con Solid State Records no 2005. O vocalista orixinal, Jon Hershey, pasaría tempo despois a formar a banda de Post-rock instrumental Bells.[2][3] August Burns Red publicou Thrill Seeker, o seu primeiro álbum de longa duración, o 8 de novembro dese mesmo ano. No 2006, o batería Matt Greiner conseguiu o patrocinio de Truth Custom Drums.

Messengers (2007-2009)[editar | editar a fonte]

O seu segundo álbum, Messengers, publicouse o 19 de xuño do 2007. O álbum xa vendera máis de 108.000 copias en maio do 2011 e chegou ata o posto número 81 no Billboard200.[4] Durante o ano 2008, August Burns Red participou nunha serie de actos en Norteamérica e Europa para promocionar Messengers. Dende abril ata maio estiveron de xira con As I Lay Dying e Misery Signals nos Estados Unidos e Canadá.[5] En setembro e outubro dese mesmo ano encabezou unha xira con A Skylit Drive, Sky Eats Airplane, Greeley Estates e This or the Apocalypse polos Estados Unidos.[6] O grupo tamén visitou Europa nunha xira dun mes que pasou por Alemaña, Finlandia, Noruega, Suecia, o Reino Unido, Irlanda, Irlanda do Norte, Italia, Bélxica, os Países Baixos, a República Checa, Eslovaquia e Francia.

Despois desta serie de xiras, a banda gravou dúas versións de cancións populares. Unha versión instrumental da canción clásica, "Carol of the Bells" para o álbum recompilatorio X Christmas, que foi incluído nos trailers da película The Spirit, publicado o día de Nadal do 2008, e unha versión de "... Baby One More Time" de Britney Spears para o álbum recompilatorio Punk Goes Pop 2, lanzado en marzo do 2009.

O 24 de febreiro do 2009, a banda publicou un EP, titulado Lost Messengers: The Outtakes, con material relacionado ou que se decidiu non incluír na versión final de Messengers. A primeira viaxe de August Burns Red a Oriente Medio tivo lugar o 6 de marzo do 2009, cunha actuación no Dubái Desert Rock Festival. A última xira da banda antes do lanzamento do seu seguinte álbum tivo lugar nos Estados Unidos, onde tocaron coa banda de metalcore All That Remains durante os meses de abril e maio.

Constellations (2009-2011)[editar | editar a fonte]

Para promocionar o seu seguinte álbum, August Burns Red publicou varias cancións novas e un vídeo musical en xuño do 2009. As cancións Thirty and Seven, Existence e Ocean of Apathy publicáronse o 15, 21 e 29 de xuño, respectivamente. Neste mes tamén se publicou un vídeo musical da canción Meddler. O 7 de xullo, August Burns Red publicou o álbum completo no seu perfil de Myspace por un tempo limitado. O grupo sacou o seu terceiro álbum de longa duración, Constellations, o 14 de xullo do 2009. Na primeira semana de agosto o álbum situouse no posto 24 do Billboard 200. Organizouse entón outra xira polos Estados Unidos encabezada por August Burns Red, con Blessthefall, Enter Shikari, All Shall Perish e Iwrestledabearonce como compañeiros de escena. Despois desta xira, a banda participou noutra por Australia como banda de apoio para Parkway Drive. August Burns Red estivo de xira con Underoath e Emery durante os últimos dous meses do 2009. Seguindo co éxito do Nadal anterior, August Burns Red lanzou "O Come, O Come Enmanuel" para o Nadal do 2009.

A banda publicou o seu primeiro CD/DVD en directo titulado Home o 28 de setembro do 2010. O grupo co-encabezou una xira Alternative Press en novembro. O 23 de febreiro Constellations foi nomeado nos GMA Dove Awards como "Mellor Álbum de Rock" do 2010. August Burns Red foi de xira por Australia e Nova Zelandia en decembro do 2010 co No Sleep Til Festival, no que tocou xunto con bandas como Parkway Drive, A Day to Remember, NOFX, Suicide Silence, Megadeth e moitas outras.

Leveler e Sleddin’ Hill (2011-2013)[editar | editar a fonte]

O 27 de xullo do 2010, Brubaker, o guitarrista, dixo que a banda ía empregar un tempo da xira en compoñer o seu próximo disco. O 12 de febreiro do 2011 o grupo anunciou na súa páxina de Facebook que remataran de escribir o seu novo disco e que para o Día de San Valentín entrarían no estudio. En Marzo anunciaron que a gravación rematara e que era hora de mesturar. O 5 de abril revelaron que este álbum recibiría o nome de Leveler.

O 16 de maio do 2011, August Burns Red lanzou a canción Empire como anticipación do álbum. Máis tarde publicaron outras cancións: Internal Cannon, Divisions e Poor Millionaire, o 31 de maio, o 6 e o 14 de xuño, respectivamente.

Leveler saíu o 21 de xuño do 2011 de dúas maneiras; estándar e de luxo. A versión de luxo conta con catro cancións extra. Este álbum tivo un maior éxito que os anteriores, con 29.000 copias vendidas na súa primeira semana, só nos Estados Unidos, o que o puxo no posto #11 do Billboard 200. Despois do lanzamento, August Burns Red formou parte da escena principal do Warped Tour.

Rescue & Restore (2013-2014)[editar | editar a fonte]

O 12 de febreiro do 2013, o grupo anunciou que estaría de volta no estudio á semana seguinte para comezar a gravación do seu novo álbum. Carson Slovak (Century) e Grand McFarland (anterior batería de This or the Apocalypse) volveron supervisar a produción do álbum. O guitarrista JB Brubaker declarou que o seu novo álbum viría a "... ampliar os límites do noso xénero máis que nunca antes. Propuxémonos escribir un rexistro no que cada canción se destaca do pasado. Hai unha grande cantidade de terreo cuberto aquí e unha tonelada de carne para este álbum. Está cheo de breakdowns, xiros inesperados e algúns dos nosos riffs máis técnicos ata a data. Cada un de nós ten partes que nos traen de cabeza e tivemos que practicar coma tolos para conseguir unidade no disco. Sei que sempre digo isto, pero este será o noso álbum máis ambicioso”.

Firma con Fearless Records e novo álbum (2014-actualidade)[editar | editar a fonte]

O 5 de agosto do 2014 anunciouse que o grupo firmara con Fearless Records e que publicaría un novo disco durante o 2015.

Características[editar | editar a fonte]

Estilo musical

August Burns Red é xeralmente recoñecida como unha banda de metalcore así como con características de xéneros coma o metal progresivo e o thrash metal. As súas cancións adoitan ter un compás técnico e breakdowns pesados, cunha variedade de influencias que inclúen a Meshuggah, Between the Buried and Me, Poison the Well, Symphony in Peril e Misery Signals.

Nome da banda

Aos membros de August Burns Red ténselles preguntado en moitas ocasións pola orixe do nome da banda, pero estes sempre contestan con historias diferentes. A máis popular delas é a dun incidente relacionado con Jon Hershey, o vocalista orixinal do grupo, cando saía cunha moza chamada August, que máis tarde e debido á fin da relación sentimental que mantiña con el, queimaría vivo o seu can, chamado Redd. Porén, tempo despois, nunha entrevista de radio descubriuse que esta orixe do nome (xunto con outras) non eran máis ca una historia cómica creada polos membros do grupo e que non había un significado concreto para o nome da banda. O batería, Matt Greiner declarou nesta entrevista que “só inventamos ese nome por inventar un nome”.

Cristianismo

August Burns Red é unha banda cristiá. JB Brubaker dixo nunha entrevista online que "o cristianismo é unha relixión, non un estilo de música" e que prefire "deixar á música falar por si mesma". Brent Rambler engadiu que "impórtanos que a xente saiba que somos cristiáns".

Membros[editar | editar a fonte]

Actuais
  • JB Brubaker − Guitarra líder (dende 2003)
  • Brent Rambler − Guitarra rítmica dende 2003)
  • Matt Greiner − Batería, piano (dende 2003)
  • Jake Luhrs − Vocalista (dende 2006)
  • Dustin Davidson − Baixo, coros (dende 2006)
Antigos membros
  • Jon Hershey – vocalista (2003-2004)
  • Josh McManness – vocalista (2004-2006)
  • Jordan Tuscan − baixo (2003-2006)

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Thrill Seeker 2005 Solid State Records
Messengers 2007 Solid State Records, CI Records
Constellations 2009 Solid State Records
Leveler 2011 Solid State Records
August Burns Red Presents: Sleddin' Hill 2012 Solid State Records
Rescue & Restore 2013 Solid State Records
Found in Far Away Places 2015 Fearless Records

EPs[editar | editar a fonte]

  • Looks Fragile After All (24 de agosto do 2004)
  • Lost Messengers: The Outtakes (24 de febreiro do 2009)

Demos[editar | editar a fonte]

  • Demo (2003)
  • Demo (2005)

DVDs e Álbums en directo[editar | editar a fonte]

  • "Messengers (DVD)" (19 de xuño do 2007)
  • "Home" (28 de setembro do 2010)
  • "Foreign & Familiar" (3 de decembro do 2013)

Videografía[editar | editar a fonte]

Título Ano Director Do Álbum
"Background Music to Her Awakening" 2004 Looks Fragile After All
"Your Little Suburbia is in Ruins" 2005 Thrill Seeker
"Composure" 2007 Endeavor Media Messengers
"Back Burner"
"Meddler" 2009 Constellations
"White Washed" 2010
"Marianas Trench" Robby Starbuck
"Internal Cannon" 2011 Leveler
"Empire"
"Fault Line" 2013 Daniel Davison Rescue & Restore
"Provision"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Allmusic Discography". Allmusic. Rovi Corporation. Consultado o 2010-10-14. 
  2. http://www.facebook.com/augustburnsred/posts/163645436994988
  3. http://www.facebook.com/wearebells
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 03 de novembro de 2012. 
  5. "Misery Signals Announce Tour With As I Lay Dying". MetalUnderground.com. 20-02-2008. Consultado o 19-06-2008. 
  6. jason (29-09-2008). "Tour dates". The Gauntlet. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]