Metano: Diferenzas entre revisións
m Bot: "bs:Metan" é un artigo bo; cambios estética |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Representaciones del metano.JPG|300px|miniatura|Tres representacións da molécula de metano]] |
[[Ficheiro:Representaciones del metano.JPG|300px|miniatura|Tres representacións da molécula de metano]] |
||
O '''metano''' é un composto de [[carbono]] e [[hidróxeno]], de fórmula CH4. É un [[hidrocarburo]], o primeiro membro da serie dos [[alcanos]]. É máis lixeiro que o [[aire]], incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no [[gas natural]] (entre un 75% e un 90%), no [[gas grisú]] das minas de carbón, nos procesos das refinerías de [[petróleo]], e como produto da descomposición da materia nos |
O '''metano''' é un composto de [[carbono]] e [[hidróxeno]], de fórmula CH4. É un [[hidrocarburo]], o primeiro membro da serie dos [[alcanos]]. É máis lixeiro que o [[aire]], incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no [[gas natural]] (entre un 75% e un 90%), no [[gas grisú]] das minas de carbón, nos procesos das refinerías de [[petróleo]], e como produto da descomposición da materia nos [[pantano]]s. É un dos principais compoñentes da [[atmosfera]] dos planetas [[Saturno (planeta)|Saturno]], [[Urano]] e [[Neptuno (planeta)|Neptuno]]. |
||
Pode obterse mediante a [[hidroxenación]] de carbono ou [[dióxido de carbono]], pola acción da [[auga]] con [[carburo de aluminio]] ou tamén ó quentar [[etanoato de sodio]] cun [[álcali]]. |
Pode obterse mediante a [[hidroxenación]] de carbono ou [[dióxido de carbono]], pola acción da [[auga]] con [[carburo de aluminio]] ou tamén ó quentar [[etanoato de sodio]] cun [[álcali]]. |
Revisión como estaba o 2 de agosto de 2014 ás 17:38
O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.
Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.
É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehido.
Características
É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre sí. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.
Ten como:
- punto de ebulición: 111,55 ºK
- punto de fusión: 90,6 ºK
- ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
- ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
- Sº gas: 188 J/mol.K
Ademais tamén é un gas invernadoiro moi efectivo, cunha concentración atmosférica actual de 1,7 ppm.
Orixe
As súas principais orixes son:
- Descomposición dos residuos orgánicos por bacterias.
- Fontes naturais (pantanos): 23%.
- Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimábase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural).
- Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente do gando).
- As bacterias en plantacións de arroz: 12%.
- Dixestión anaeróbica da biomasa.
- Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.
O 60% das emisións en todo o mundo son de orixe antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.
Son da familia homóloga -CH2 metileno