Praza.gal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
paso ligazón externa no medio do texto a referencia
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://praza.com/ Páxina do diario]
*[http://www.praza.gal/ Páxina do diario]


[[Categoría:Xornais electrónicos]]
[[Categoría:Xornais electrónicos]]

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2014 ás 21:45

Praza Pública é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012.[1]

Traxectoria

Praza Pública é propiedade da Fundación Praza Pública. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[1].

O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberaron todo o código fonte das ferramentas coas que se crea e lle dan soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede. [2]

No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e mais Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.

Praza Pública difunde periodicamente informes de transparencia sobre a situación organizativa, social, económica e de audiencia deste medio de comunicación.[3]

Redes sociais e comunidade

Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, ademais de ter presenza en Facebook e Twitter, actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.

Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, Obradoiro, unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas