Monoteísmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza dis que hai un solo deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle vencella e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos e o conflito de [[Alexandría]] entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta derradeira ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, con unha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus por a súa banda, vivían entre eles mesmos, sen misturarse coa poboación autóctona. O filosofo xudeu [[Philón de Alexandría]] tentou de explicar as autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión a situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de [[Xerusalén]] isto provocou un pródromo contra os xudeus.
A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza dis que hai un solo deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle vencella e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos e o conflito de [[Alexandría]] entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta derradeira ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, con unha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus por a súa banda, vivían entre eles mesmos, sen misturarse coa poboación autóctona. O filosofo xudeu [[Philón de Alexandría]] tentou de explicar as autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión a situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de [[Xerusalén]] isto provocou un pródromo contra os xudeus.


No século I vai aparecer como unha pola do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do [[Imperio Romano]] a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como e hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e [[proselitistas]], o que vai enxeñar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non e proselitista<ref>Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"</ref> mantívose perante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen misturarse con elas.<ref>[http://www.abibliagalega.com/pentateuco/deuteronomio/capitulos-6-10/ Deuteronomio 7-3]: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".</ref> Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.{{Cómpre referencia}} Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.<ref>Michel Onfray "Traité d´atheologie"</ref> Lembremos os problemas de [[Galileo]] obrigado a desdicirse ou de [[Miguel Servet]] queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no [[Islam]] de pois dos escritos de [[Al-Gazili]].<ref>Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"</ref> Vexamos tamén como entre os israelitas [[Spinoza]] foi excluído do xudaísmo por os seus escritos.
No século I vai aparecer como unha pola do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do [[Imperio Romano]] a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como e hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e [[proselitistas]], o que vai enxeñar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non e proselitista<ref>Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"</ref> mantívose perante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen mesturarse con elas.<ref>[http://www.abibliagalega.com/pentateuco/deuteronomio/capitulos-6-10/ Deuteronomio 7-3]: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".</ref> Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.{{Cómpre referencia}} Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.<ref>Michel Onfray "Traité d´atheologie"</ref> Lembremos os problemas de [[Galileo]] obrigado a desdicirse ou de [[Miguel Servet]] queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no [[Islam]] de pois dos escritos de [[Al-Gazili]].<ref>Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"</ref> Vexamos tamén como entre os israelitas [[Spinoza]] foi excluído do xudaísmo por os seus escritos.


A partir do [[século das luces]], en occidente o monoteísmo cristiá (especialmente o catolicismo) deixa de ser un freo, para a ciencia. Chegados a o [[século XX]] catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a [[Teoría da evolución das especies]] e mais a cosmo-xenese do [[Big Bang]].{{Cómpre referencia}} No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e sectas evanxelistas (sobre todo en USA) tentan de aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos.<ref>conferencias william Lane Craig</ref> O monoteísmo estivo case sempre ligado a o fundamentalismo relixioso, por a idea subxacente de verdade única. Ren de outro podendo ter razón, e non sendo mais ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos tres grandes monoteísmos e o seu mesianismo. No xudaísmo (agás os [[xudeus mesiánicos]] que coidan que o mesías foi [[Xesús]]) agardan o [[Mesías]] en un futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas:
A partir do [[século das luces]], en occidente o monoteísmo cristiá (especialmente o catolicismo) deixa de ser un freo, para a ciencia. Chegados a o [[século XX]] catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a [[Teoría da evolución das especies]] e mais a cosmo-xenese do [[Big Bang]].{{Cómpre referencia}} No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e seitas evanxelistas (sobre todo en USA) tentan de aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos.<ref>conferencias william Lane Craig</ref> O monoteísmo estivo case sempre ligado a o fundamentalismo relixioso, por a idea subxacente de verdade única. Ren de outro podendo ter razón, e non sendo mais ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos tres grandes monoteísmos e o seu mesianismo. No xudaísmo (agás os [[xudeus mesiánicos]] que coidan que o mesías foi [[Xesús]]) agardan o [[Mesías]] en un futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas:


* Guerra de Gog e Magog (as nacións contra [[Israel]] <ref>Ezequiel 38-39</ref>
* Guerra de Gog e Magog (as nacións contra [[Israel]] <ref>Ezequiel 38-39</ref>

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2014 ás 16:46

Manuscrito co Corán do século VII. O Corán é a base da relixión islámica.

O monoteísmo é a crenza na existencia dun único Deus. O cristianismo, o islam e o xudaísmo son relixións monoteístas. Segundo esta crenza, Deus significa algo supremo, relacionado con ideas e conceptos filosóficos, distinto dun ser persoal con atributos antropomórficos, nomes, e mesmo etnia.[Cómpre referencia] O monoteísmo contrasta co politeísmo que é a crenza na existencia de varios deuses. As relixións monoteístas adoitan oporse abertamente ao politeísmo.

Historia

A invención do monoteísmo atribúese a o pobo hebreo, no entanto, iste foi un proceso gradual. Primeiro IHWH fixo parte de un panteón, e até tiña unha compaña Ashera[1]. Despois pasouse a o monolatrismo[2] onde IHWH pasou a ser deus nacional (como fora antes Assur dos asirios ou Marduk dos babilonios) dos israelitas, pero recoñecíanse outros deuses en outras terras, isto aconteceu no século 7 A.C. coas reformas do rei Josias.[3] Foi a mediados do século 4 A.C. onde se impuxo o monoteísmo co deus hebreo como único e verdadeiro. Isto foi produto[4] da contradición entre as promesas bíblicas "os xudeus son o pobo elixido de Deus", e a realidade da historia de Xudea e Israel, pequenos reinos, varias veces sometidos e rematando coa desaparición do reino do norte, Israel. Descoñecese exactamente como foi, mais no século 3 A.C. a visión do mundo dos xudeus mudou coa aparición do monoteísmo e da súa verdade única. Aconteceu coma os grandes trocos científicos:

  1. Aparecen anomalías no paradigma de consenso xeral.
  2. As anomalías acumúlanse e o paradigma entra en crise.
  3. Proponse un novo paradigma.
  4. O novo paradigma faise consenso.[5]

Teoloxía monoteísta

A etimoloxía da palabra monoteísmo ven do grego clásico "mono"=un, e "theos"=deus. Esta crenza dis que hai un solo deus verdadeiro, e así a teoloxía que se lle vencella e a única verdadeira, único camiño de salvación. Isto vai facer que, por primeira vez na historia, vexamos conflito co único motivo da relixión. Un dos primeiros exemplos e o conflito de Alexandría entre xudeus emigrados a esta cidade e a poboación helenizada. Esta derradeira ollaba cara os xudeus e víaos coma supersticiosos e arcaicos, con unha relixión que negaba as súas crenzas. Os xudeus por a súa banda, vivían entre eles mesmos, sen misturarse coa poboación autóctona. O filosofo xudeu Philón de Alexandría tentou de explicar as autoridades as crenzas xudías e quitarlle tensión a situación. Foi entón cando a poboación helénica soubo que os xudeus pagaban impostos ao templo de Xerusalén isto provocou un pródromo contra os xudeus.

No século I vai aparecer como unha pola do xudaísmo o cristianismo (que será relixión oficial e única do Imperio Romano a partir do século IV), seguíndoa o Islam que aparece en Arabia no século VII. Serán estas tres relixións (3 monoteísmos) as que forxarán o mundo tal como e hoxe. Islam e cristianismo son universalistas e proselitistas, o que vai enxeñar innumerables guerras entre elas. O xudaísmo que hoxe non e proselitista[6] mantívose perante séculos vivindo en sociedades non xudías pero sen mesturarse con elas.[7] Hoxe en día en Israel non se poden casar persoas de relixións diferentes.[Cómpre referencia] Tamén cabe sinalar o freo para as ciencias que supuxeron os monoteísmos.[8] Lembremos os problemas de Galileo obrigado a desdicirse ou de Miguel Servet queimado na fogueira, tamén como a ciencia decaeu no Islam de pois dos escritos de Al-Gazili.[9] Vexamos tamén como entre os israelitas Spinoza foi excluído do xudaísmo por os seus escritos.

A partir do século das luces, en occidente o monoteísmo cristiá (especialmente o catolicismo) deixa de ser un freo, para a ciencia. Chegados a o século XX catolicismo e xudaísmo reformado aceptan a Teoría da evolución das especies e mais a cosmo-xenese do Big Bang.[Cómpre referencia] No entanto no Islam, xudaísmo ortodoxo e seitas evanxelistas (sobre todo en USA) tentan de aferrarse aos textos sagrados, buscando maneiras alambicadas de casar textos e feitos científicos.[10] O monoteísmo estivo case sempre ligado a o fundamentalismo relixioso, por a idea subxacente de verdade única. Ren de outro podendo ter razón, e non sendo mais ca paganismo ou ateísmo. Outra das características dos tres grandes monoteísmos e o seu mesianismo. No xudaísmo (agás os xudeus mesiánicos que coidan que o mesías foi Xesús) agardan o Mesías en un futuro que denominan "tempos mesiánicos" que terán varias etapas:

  • Guerra de Gog e Magog (as nacións contra Israel [11]
  • Retorno do profeta Elias que traerá con sigo o Mesías
  • Tempos mesiánicos
  • t´hiato hametim (resurrección dos mortos)
  • Yom hadim (día do xuízo)
  • Olam haba (tempo da eternidade)

O retorno do Mesías no cristianismo[12] ven descrito no libro do apocalipse ou revelacións. Se ben a interpretación muda segundo as distintas igrexas cristiás podemos resumilo así:

  • Chegada do fin dos tempos
  • Retorno de Xesús a terra
  • Resurrección dos mortos
  • Loita co anticristo
  • Renovación da creación
  • Establecemento do reino de Deus

No Islam] tamén se fala do retorno do Mahdi nos hadiz. Unha persoa, descendente de Mahoma[13] que virá no fin do tempo e anunciara a chegada de Xesús que e ó Mesías e que loitaría e vencería a o falso Mesías chamado Dajjal (en árabe : المَسيح الدّجّال al-masīḥ ad-dajjāl). Logo o Mahdi e mais Xesús quedarían na terra un tempo.

Podemos ver nas tres relixións semellanza na escatoloxía. As tres comparten tamén, a idea de vida despois da morte, sendo os feitos de esta vida, os que determinaran o ben estar despois da morte. Isto defíneo o filosofo Michel Onfray[14] como "pulsión de morte" pois a morte, condiciona os feitos da vida

Notas

  1. increpación do ano 600 A.C. atopada na rexión de Sefelah antigo reino de Xudea
  2. Jean Soler"línvention du monotheisme"
  3. Robert Paris "L´ancien testament des hebreux"
  4. Jean Soler"Pourquoi le monotheisme"
  5. Thomas Kuhn
  6. Shlomo Sand "Como fué inventado el pueblo judío"
  7. Deuteronomio 7-3: "Non emparentes con eles, non lles déa-la túa filla para un fillo deles, nin cólla-la filla deles para un fillo teu".
  8. Michel Onfray "Traité d´atheologie"
  9. Neil de Grasse conferencia "o deus dos buratos"
  10. conferencias william Lane Craig
  11. Ezequiel 38-39
  12. Apocalipse de San Xan
  13. Sunan Abu-Dawud, « Book 36: The Promised Deliverer (Kitab Al-Mahdi) n°4271
  14. Onfray "Traité d´atheologie"

Véxase tamén

Ligazóns externas