Ruta rosaliana: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
* Recomendase neste lugar a seguinte lectura: [http://consellodacultura.org/rosalia2013/rosalia_en_cornes.pdf En Comes], [[Follas Novas]]. |
* Recomendase neste lugar a seguinte lectura: [http://consellodacultura.org/rosalia2013/rosalia_en_cornes.pdf En Comes], [[Follas Novas]]. |
||
⚫ | |||
=== Ortoño === |
=== Ortoño === |
||
{{Coordenadas|42|51|09|N|08|38|18|W|type:city }} |
{{Coordenadas|42|51|09|N|08|38|18|W|type:city }} |
||
⚫ | |||
Pasou Rosalía a súa infancia en [[Ortoño, Ames|Ortoño]], concello de [[Ames]], no ''Castro de Ortoño'', domicilio da familia paterna. Neste lugar fundouse en conmemoración da figura de Rosalía o [[Seminario de Estudios Galegos]] en 1923. |
Pasou Rosalía a súa infancia en [[Ortoño, Ames|Ortoño]], concello de [[Ames]], no ''Castro de Ortoño'', domicilio da familia paterna. Neste lugar fundouse en conmemoración da figura de Rosalía o [[Seminario de Estudios Galegos]] en 1923. |
||
Revisión como estaba o 13 de xuño de 2014 ás 06:07
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario 83.40.73.171 (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 9 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
A Ruta Rosaliana é un percorrido que se fai polos lugares máis singulares na vida da poetisa de Galicia Rosalía de Castro, todos eles vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose ostensiblemente na obra poética de Rosalía.
Avelino Abuín de Tembra, escritor que elaborou algunha das máis destacadas antoloxías sobre a obra de Rosalía de Castro, foi quen ideou a creación dun itinerario e promoveu a viaxe polos lugares máis sobranceiros na vida da poetisa.
Percorrido
O Camiño Novo en Compostela
42°52′25″N 08°33′07″O / 42.87361, -8.55194
Comeza o itinerario na praza de Vigo en Compostela, ao pé do monumento a Rosalía de Castro, que se lle dedicou á poetisa romántica en 1982, no lugar onde Rosalía naceu, nunha casa hoxe desaparecida, a carón do Camiño Novo. Por trás da casa estendíanse os campos de San Xosé, de Ramírez e de Cornes, hoxe integrados na zona urbana de Santiago.
- Recomendase neste lugar a seguinte lectura: En Comes, Follas Novas.
Ortoño
42°51′09″N 08°38′18″O / 42.85250, -8.63833
Pasou Rosalía a súa infancia en Ortoño, concello de Ames, no Castro de Ortoño, domicilio da familia paterna. Neste lugar fundouse en conmemoración da figura de Rosalía o Seminario de Estudios Galegos en 1923.
- Lectura recomendada: Acolá enriba , poema 14 de Cantares Gallegos.
Bastavales
42°49′27″N 08°40′13″O / 42.82417, -8.67028
San Xulián de Bastavales é unha importante freguesía da arcebispado compostelán. Na aldea de Soigrexa tivo residencia esporádica Rosalía. As campás do templo de Bastavales son un dos seus elementos máis singulares, instaladas en 1828. Rosalía podía escoitalas dende a casa do Castro de Ortoño. Comezouse a construír a igrexa en 1585 e rematouse en 1772. A nave está orientada cara o abrente, axexando cara o monte Ruibal e o mítico Castro Lupario. Por Bastavales transcorre o río Sar, moi vinculado tamén á poesía rosaliana.
- Lectura recomendada: Campanas de Bastabales, poema 11 de Cantares Gallegos.
Pazo de Hermida
42°43′58″N 08°40′16″O / 42.73278, -8.67111
No Pazo da Hermida, en Lestrobe (Dodro), propiedade de parentes próximos, pasou Rosalía tempadas enteiras e mesmo escribiu alí parte da súa obra. O panorama que se contempla é o val do Sar e Ulla e a veiga de Lestrobe.
- Lectura recomendada: Como chove miudiño, poema 32 de Cantares Gallegos.
Padrón
42°44′20″N 08°39′41″O / 42.73889, -8.66139
A vila de Padrón está vinculada tamén coa poetisa galega. Na vila padronesa podemos atopar a casa onde Rosalía viviu, camiñar paseniñamente polo Espolón ou pasear polo xardín botánico de Padrón.
- Lectura recomendada: Extranxeira na súa patría en Follas Novas.
Pazo de Arretén
42°44′45″N 08°38′47″O / 42.74583, -8.64639
Na Arretén, o pazo dos devanceiros maternos de Rosalía, coñecido como a Casa Grande e así aparece nos versos de Rosalía. O pazo está delicadamente restaurado.
- Lectura recomendada: O pazo de Arretén de Follas Novas.