Juan Sebastián Verón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q46502
Liña 77: Liña 77:
{{ORDENAR:Veron, Juan Sebastian}}
{{ORDENAR:Veron, Juan Sebastian}}


[[Categoría:Futbolistas arxentinos]]
[[Categoría:Futbolistas de Arxentina]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:FIFA 100]]
[[Categoría:FIFA 100]]

Revisión como estaba o 12 de abril de 2014 ás 16:02

Modelo:InfFut2 Juan Sebastián Verón, alcumado La Brujita, nado o 9 de marzo de 1975 en La Plata, é un ex futbolista arxentino. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina. É fillo do tamén futbolista Juan "La Bruja" Verón.

Traxectoria

Debutou en Estudiantes de La Plata, dende alí xa se revelaba como un xogador distinto, con clase, pola súa gran técnica, pases precisos e especialidade en tiros de falta. O seu posto é de voante organizador, como dobre 5 tendo ó lado a un xogador de marca. O ano do seu debut en primeira o seu equipo descendeu ó Nacional B. Foi unha das figuras nesa tempada no ascenso e formou parte dun equipo con gran nivel que logrou o campionato Nacional B 95/95 con folgura. Devolvida na máxima categoría e cuns poucos partidos xogados foi transferido a Boca Juniors por algo máis de 2 millóns de dólares.

Tralo seu paso por Boca Juniors, onde rematou por confirma-la súa clase, Verón pasa a Italia e aséntase na Sampdoria. Logo foi traspasado ó Parma, onde tivo un regular percorrido e remata por recalar na Lazio, onde gañou un Scudetto e unha Copa Italia na tempada 1999-2000.

En 2001 é mercado polo Manchester United FC de Inglaterra pola cantidade de 42,5 millóns de euros , e gaña a Liga na tempada 2002-03 .En verán de 2003 é traspasado ó Chelsea a cambio de 22,5 millóns de euros. No club londiniense só disputa 7 partidos de liga , nos cales anota 1 gol, debido a unha lesión. En 2004 foi cedido ó Inter de Milán italiano, onde xogou ata finaliza-la tempada 2005-06. A partir dese momento, o seu pase foi adquirido novamente polo club que o viu nacer, Estudiantes de La Plata.

Selección nacional

Pola Selección xogou os Mundiais de 1998 e 2002 e 2010.