Currás, Tomiño: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Romanización mediante HotCat |
m engado a Categoría:Gallaecia mediante HotCat |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
[[Categoría:Parroquias de Tomiño]] |
[[Categoría:Parroquias de Tomiño]] |
||
[[Categoría:Romanización]] |
[[Categoría:Romanización]] |
||
[[Categoría:Gallaecia]] |
Revisión como estaba o 31 de marzo de 2014 ás 12:25
Coordenadas: 42°00′33″N 08°40′38″O / 42.00917, -8.67722
Currás | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222Coordenadas: 42°00′33″N 8°40′38″O / 42.00916667, -8.67722222{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 284 hab. (2005) |
Entidades de poboación | 5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 284 habitantes (148 homes e 136 mulleres) segundo o padrón municipal.
Situación
A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).
Historia
Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín.
Patrimonio
A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu ao anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.
Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións. Dende o verán de 2013 está en marcha un proxecto científico de recuperación e posta en valor do xacemento romano[1].
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia de Currás
Lugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
O Barral | O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel |