Neurohipófise: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1503735 |
→Anatomía: corrixo |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións: |
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións: |
||
;Pars |
;Pars nerviosa: tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas [[oxitocina]] e [[vasopresina]]. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nerviosa inclúe os [[corpos de Herring]] e [[pituicito]]s. <ref>BUHistology - 14004loa [http://www.bu.edu/histology/p/14004loa.htm]</ref> |
||
;Talo infundibular: |
;Talo infundibular: tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario. |
||
;Eminencia media: |
;Eminencia media: só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. <ref>MeshName - Median+eminence [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence]</ref> |
||
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise. |
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise. |
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2014 ás 23:18
A neurohipófise, pituitaria posterior ou hipófise posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas (oxitocina, vasopresina)[1], pero estas sintetizáronse no hipotálamo.
Anatomía
A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.
Embrioloxicamente a neurohipófise orixínase como un divertículo da base do diencéfalo [2], polo que ten unha orixe distinta da adenohipófise (derivada da bolsa de Rathke, un divertículo do estomodeo) [3].
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
- Pars nerviosa
- tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maior parte do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas oxitocina e vasopresina. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nerviosa inclúe os corpos de Herring e pituicitos. [4]
- Talo infundibular
- tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
- Eminencia media
- só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. [5]
Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise ao longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
Hormonas segregadas
As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.
Hormona | Outros nomes | Símbolo(s) | Diana | Efecto | Fonte |
---|---|---|---|---|---|
Oxitocina | Pitocina (nome comercial) | OT | Útero, glándula mamaria | Contraccións uterinas; lactación | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Vasopresina (hormona antidiurética) | Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética | VP, AVP, ADH | Riles ou arteriolas | Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos | Núcleos supraópticos e paraventriculares |
Enfermidades
Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insípida, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).
Galería de imaxes
-
A neurohipófise comprende o lóbulo posterior da glándula hipofisaria.
-
Situación da hipófise sobre a cadeira turca.
-
Núcleos hipotalámicos.
Notas
- ↑ A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición (1985). Interamericana. Páxinas 1096-1097. ISBN 84-7605-029-1
- ↑ G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía.Interamericana - Mc Grow Hill. 12ª edición (1987) ISBN 84-7605-359-2.
- ↑ Embryology at unc.edu
- ↑ BUHistology - 14004loa [1]
- ↑ MeshName - Median+eminence [2]