Wikipedia:Edita con afouteza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
remato a tradución
Liña 1: Liña 1:
{{en uso}}

A [[Wikipedia]] anima a todas as persoas que a consultan a que '''teñan afouteza e se lancen a completar a enciclopedia'''. As [[wiki]]s, como a nosa [[Galipedia]], desenvólvense máis rapidamente cando todo o mundo axuda a arranxar problemas, corrixir a [[ortografía]], engadir información, redactar axeitadament etc. Sería fabuloso que ''todo o mundo'' se lanzase e axudase a facer da Wikipedia unha enciclopedia mellor. Cantas veces leches n artigo e pensaches «por que esta páxina non está corrixida ou se amplía»? A Wikipedia non só che permite crear, revisar e modificar artigos: ''agardamos'' que o fagas. Isto require que todo o mundo actúe cunha certa responsabilidade, pero funciona. Xa o verás! Naturalmente, outras persoas modificarán o que escribas aquí. [[Wikipedia:Asuma a boa fe|Non o tomes a mal]]! Como todas as persoas que xa colaboramos, só desexamos que sexa a mellor enciclopedia posible.
A [[Wikipedia]] anima a todas as persoas que a consultan a que '''teñan afouteza e se lancen a completar a enciclopedia'''. As [[wiki]]s, como a nosa [[Galipedia]], desenvólvense máis rapidamente cando todo o mundo axuda a arranxar problemas, corrixir a [[ortografía]], engadir información, redactar axeitadament etc. Sería fabuloso que ''todo o mundo'' se lanzase e axudase a facer da Wikipedia unha enciclopedia mellor. Cantas veces leches n artigo e pensaches «por que esta páxina non está corrixida ou se amplía»? A Wikipedia non só che permite crear, revisar e modificar artigos: ''agardamos'' que o fagas. Isto require que todo o mundo actúe cunha certa responsabilidade, pero funciona. Xa o verás! Naturalmente, outras persoas modificarán o que escribas aquí. [[Wikipedia:Asuma a boa fe|Non o tomes a mal]]! Como todas as persoas que xa colaboramos, só desexamos que sexa a mellor enciclopedia posible.


Liña 28: Liña 26:


===Espazo Categoría===
===Espazo Categoría===
Crear categorías novas ou reorganizar a estrutura de categorías pode supor cambiar moitas páxinas. Considera as directrices sobre [[Wikipedia:Categorización|categorización]], e sobrecategorización, e se o que estás a facer se podería considerar controvertido (especialmente se afecta a persoas vivas), entón propón antes os cambios.
Crear categorías novas ou reorganizar a estrutura de categorías pode supor cambiar moitas páxinas. Considera as directrices sobre [[Wikipedia:Categorías|categorización]], e sobrecategorización, e se o que estás a facer se podería considerar controvertido (especialmente se afecta a persoas vivas), entón propón antes os cambios.


===Espazo Ficheiro===
===Espazo Ficheiro===
Liña 37: Liña 35:


===Espazo Portal===
===Espazo Portal===
Para cambios de deseño, bótalle un ollo á sección seguinte. Fíxate en que o esquema de cores utilitadas en [[Portal:Portada|portals]] pode non ser necesariamente arbitrario. Por exemplo, un portal relacionado cun país pode utilizar as cores da bandeira propia. É unha boa práctica propor antes os cambios de deseño na páxina de discusión.
Para cambios de deseño, bótalle un ollo á sección seguinte. Fíxate en que o esquema de cores utilitadas en [[Portal:Índice|portais]] pode non ser necesariamente arbitrario. Por exemplo, un portal relacionado cun país pode utilizar as cores da bandeira propia. É unha boa práctica propor antes os cambios de deseño na páxina de discusión.


===Cambios de deseño===
===Cambios de deseño===
Liña 46: Liña 44:
Como exemplos poden citarse a [[Portada]] (que está permanenmente protexida), o [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]], a [[Wikipedia:Artigos de calidade|páxina de artigos de calidade]], a [[Wikipedia:Actualidade|páxina de actualidade]] ou a [[Portada]]. Non é o caso de artigos ou portais enciclopédicos.
Como exemplos poden citarse a [[Portada]] (que está permanenmente protexida), o [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]], a [[Wikipedia:Artigos de calidade|páxina de artigos de calidade]], a [[Wikipedia:Actualidade|páxina de actualidade]] ou a [[Portada]]. Non é o caso de artigos ou portais enciclopédicos.


== Véxase tamén ==
==Véxase tamén==
*[[Wikipedia:Consenso]]
*[[Wikipedia:Como editar unha páxina]]
*[[Wikipedia:Como editar unha páxina]]
*[[Wikipedia:Ignore todas as reglas]]
*[[Wikipedia:Libro de estilo]]
*[[Wikipedia:Ignore todas as regras]]



[[Categoría:Wikipedia|Edita con afouteza]]
[[Categoría:Wikipedia|Edita con afouteza]]

Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2014 ás 17:11

A Wikipedia anima a todas as persoas que a consultan a que teñan afouteza e se lancen a completar a enciclopedia. As wikis, como a nosa Galipedia, desenvólvense máis rapidamente cando todo o mundo axuda a arranxar problemas, corrixir a ortografía, engadir información, redactar axeitadament etc. Sería fabuloso que todo o mundo se lanzase e axudase a facer da Wikipedia unha enciclopedia mellor. Cantas veces leches n artigo e pensaches «por que esta páxina non está corrixida ou se amplía»? A Wikipedia non só che permite crear, revisar e modificar artigos: agardamos que o fagas. Isto require que todo o mundo actúe cunha certa responsabilidade, pero funciona. Xa o verás! Naturalmente, outras persoas modificarán o que escribas aquí. Non o tomes a mal! Como todas as persoas que xa colaboramos, só desexamos que sexa a mellor enciclopedia posible.

Igualmente, cando vexas un problema nunha páxina de conversa, non te resignes a ser unha simple espectadora. Lánzate, opina e axuda a resolvelo!

Lanzarse á piscina

Aínda que a audàcia das persoas colaboradoras é un dos activos da Wikipedia, tamén é importante que teñan sentido común e non editen de forma temeraria. Calquera cambio que fagas e non saíse ben pode ser revertido, xeralmente sen problemas. Procúrase non desmoralizar as persoas editoras con cambios revertidos ou modificados substancialmente. Pero hai algúns cambios significativos que poden permanecer moito tempo e que poden ser máis difíciles de arranxar se xorde a necesidade. Se dubidas, simplemente pide axuda sen medo.

Posiblemente é máis fácil decatarse de que algo non está ben, máis ca saber exactamente o que estaría ben. Non é un requisito que todo o mundo se lance. Despois de todo, comentar que nun artigo hai algo incorrecto pode ser o primeiro paso para arranxalo. Amais, é certo que os problemas seguramente se arranxarán, e probablemente de forma máis rápida, se alguén é afoutado abondo como para intentar facelo por si mesmo.

Como se adoita dicir, lánzate... pero asegúrate de que a piscina ten auga!

Páxinas que non son artigos

Aínda que animamos aos editores a que sexan atrevidos á hora de modificar artigos, ás veces é necesaria unha certa precaución cando se trata doutros tipos de páxinas que non son artigos. Este tipo de páxinas identifícanse polo prefixo de espazo de nomes. Por exemplo, esta mesma páxina, Wikipedia:Edita con afouteza, ten o prefixo «Wikipedia:»; se se chamase simplemente Edita con afouteza (sen prefixo) sería un artigo.

Poden aparecer problemas por diferentes motivos usando o espazo de nomes fóra do principal dos artigos. Cómpre saber cales son eses posibles problemas para decidir ata que punto te atreves a lanzarte.

Espazo Wikipedia

A precaución de «non lanzarse temerariamente á piscina» cómpre tela en conta cando se trata de políticas e normas da Wikipedia, onde os puntos importantes poden estar expresados dun xeito determinado que reflexa o consenso acadado, en ocasións logo de moito traballo, e que non pode ser obviado por aquelas persoas que descoñecen o fondo da cuestión. Nestes casos adoita ser preferible propor antes os cambios substanciais para discutilos. Por suposto, sempre é recomendable arranxar de inmediato os erros de ortografía e gramática, así como mellorar os puntos que non sexan claves e non desvirtúan o significado.

É unha boa práctica explicar os cambios nas páxinas de conversa do espazo Wikipedia. Se non hai obxeccións, quedará constancia do motivo dos cambios como referencia posterior sen necesidade de andar a repetir os argumentos.

Espazo Modelo

Lanzarse a facer cambios en modelos pode ter consecuencias de grande alcance. Isto de´bese a que os cambios nun modelo poden afectar a un gran número de páxinas cunha soa modificación; amais algúns modelos forman parte de sistemas extensos e uniformes de modelos, como as táboas ou os borradores. Por outra banda, os modelos poden ter un código fonte complexo que se pode romper facilmente con cambios non probados (aínda que afortunadamente se poden recuperar cunha simple reversión).

Por estes motivos, moitos modelos amplamente utilizados poden estar protexidos de forma indefinida para non modificalos. Antes de modificar un modelo, pensa en propor os cambios na páxina de conversa correspondente, e se é o caso, anuncialo no Wikiproxecto correspondente.

Espazo Categoría

Crear categorías novas ou reorganizar a estrutura de categorías pode supor cambiar moitas páxinas. Considera as directrices sobre categorización, e sobrecategorización, e se o que estás a facer se podería considerar controvertido (especialmente se afecta a persoas vivas), entón propón antes os cambios.

Espazo Ficheiro

Atrévete a incluír información na descrición dunha imaxe existente. E ten en conta que os ficheiros novos deben subirse con nomes novos en vez de cargar unha nova versión sobre unha imaxe vella para evitar confusións.

Espazo Usuario

En xeral, non está recomendado modificar a páxina de usuario doutra persoa ou os comentarios deixados nas páxinas de conversa (agás os propios, pero, mesmo así, con prudencia). Desfacer os vandalismos sempre é oportuno, tamén nas páxinas de usuario. Os usuarios e usuarias afectadas xa vos farán saber se consideran oportunos os teus cambios e se deches ou non información correcta.

Espazo Portal

Para cambios de deseño, bótalle un ollo á sección seguinte. Fíxate en que o esquema de cores utilitadas en portais pode non ser necesariamente arbitrario. Por exemplo, un portal relacionado cun país pode utilizar as cores da bandeira propia. É unha boa práctica propor antes os cambios de deseño na páxina de discusión.

Cambios de deseño

Cómpre ter coidado antes de facer cambios importantes no deseño de certas páxinas que non son artigos. É mellor probar antes os cambios (na páxina de probas do teu espazo de usuario ou nunha subpáxina da páxina en cuestión), e discutir o cambio proposto con outros editores antes de levalo a cabo. Cando diferentes usuarios editan o deseño destas páxinas, os diferentes planos poden estar en conflito e a páxina pode empeorar máis ca mellorar.

Isto pasa especialmente en páxinas altamente visitadas, como as ligadas desde as caixas de navegación á esquerda da pantalla. Adoitan usar formatos complicados para transmitir a súa información e poden requerir certo esforzo para facelos cómodos de usar ás persoas usuarias. Amais algunhas páxines pertencen a coleccións cun formato pensado para ser uniforme. Non se deberían facer cambios non consensuados no deseño destes tipos de páxinas. Os exemplos inclúen a Páxina Principal (que nalgún caso se protexe de forma permanente), o Portal da comunidade ou o grupo que consta de Portal:Contidos e as súas subpáxinas. Isto non se aplica a artigos ou portais normais.

Como exemplos poden citarse a Portada (que está permanenmente protexida), o Portal da comunidade, a páxina de artigos de calidade, a páxina de actualidade ou a Portada. Non é o caso de artigos ou portais enciclopédicos.

Véxase tamén