Teresa González Costa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engadimos unha ligazón externa
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/teresagonzalezcosta Entrevista de Literatura Galega do s.XX do alumando do Ies Manuel Garcia Barros]
*[https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas/teresagonzalezcosta Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros]


{{ORDENAR:Gonzalez Costa, Teresa}}
{{ORDENAR:Gonzalez Costa, Teresa}}

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2014 ás 10:01

Teresa González Costa, nada no Grove en 1975, é unha escritora galega.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Inglesa e Filoxía Italiana na USC, amais de acadar un Diploma de Estudos Avanzados no programa de Teoría da Literatura e Teoría Comparada. Preparou o Terceiro Ciclo en Torino, Bourgogne e Genève, especializándose no viaxeiro Nicolas Bouvier.

Comezou a formar parte de compañías teatrais en 1993. Fixo cursos de dramaturxia con Jean-Luc Lagarce, e traballou como guionista de tratro radiofónico para o programa cultural Radio Cité. Participou como actriz con La Comédie de Genève na obra La visite de la vieille dame, de Friedrich Dürrenmatt.

No 2004 recibiu unha mención especial no Premio Barriga Verde de teatro para marionetas co texto Canun digas Narice, e no 2005 quedou finalista do Premio Rafael Dieste co texto Alén das Brumas. No 2008 acadou o Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango, e o Premio Manuel María con Pingueiras e Tarteiras.

En 2010 recibiu o Premio Merlín pola novela A filla do ladrón de bicicletas. En 2012 obtivo, pola mesma obra, o Premio Frei Martín Sarmiento do terceiro ciclo de Primaria.

Obras

Teatro

  • Sempre quixen bailar un tango, 2009, Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

  • Pingueiras e tarteiras, 2009, Xerais. Teatro.
  • A filla do ladrón de bicicletas, 2010, Xerais. Narrativa.
  • Eu, pel, 2012, Xerais.

Véxase tamén

Ligazóns externas