Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Premio Manuel María")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil é un galardón teatral creado en 2006 polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) e despois de 2007 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).[1] Premia as obras dirixidas especificamente ao público infantil, ten dotación económica, en 2006 de 4000 euros e en 2018 de 6000 euros. O premio tamén consiste na publicación da obra gañadora.[2]

Inicialmente a periodicidade foi anual, mais nalgunhas ocasión a súa convocatoria foi cada dous anos. Na páxina do AGADIC fala da súa periodicidade anual.[3] Recoñece a figura de Manuel María.

Obra premiada[editar | editar a fonte]

Edición Ano Obra Autor/a
2006 Boas noites Paula Carballeira
2007 Game over Carlos Losada Galiñáns
2008 Pingueiras e tarteiras Teresa González Costa
2009 Sopa de xarope de amora Xosé A. Neira Cruz
2010 Os reloxos preguiceiros de Néboa Xavier Lama
2011 O refugallo Paula Carballeira
2012 Deserto[3]
2014 Xogando con gatos Antón Cortizas
2016 O valo Carlos Labraña[4]
10ª 2018 Somos os monstros Paula Carballeira[5]

Notas[editar | editar a fonte]