Retórica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:

*A composición do texto ou discurso retórico desenvólvese por medio dos seguintes procedementos ou fases: ''[[intelectio]]'', ''[[inventio]]'', ''[[dispositio]]'', ''[[elocutio]]'', ''[[memoria (retórica)|memoria]]'' e ''[[actio]]''.

*O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio ten as seguintes partes: ''[[exordium]]'' (presentación), ''[[narratio]]'' ([[exposición]]), ''[[argumentatio]]'' ([[argumentación]]), ''[[peroratio]]'' (conclusión con finalidade [[conativa]])
*O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio ten as seguintes partes: ''[[exordium]]'' (presentación), ''[[narratio]]'' ([[exposición (narrativa)|exposición]]), ''[[argumentatio]]'' ([[argumentación]]), ''[[peroratio]]'' (conclusión con finalidade [[conativa]])

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó [[interlocutor]] de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde [[Aristóteles]]. Hoxe en día, desde unha perspectiva [[estilística]], [[lingüística]] e [[semiótica]], obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo [[texto]], as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2014 ás 23:06

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA