Inventio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inventio é a segunda etapa do proceso retórico de construción dun discurso consistente en achar os elementos referenciais do mesmo. É o primeiro bosquexo estrutural, nel localízanse os conceptos que han ser incluídos en cada unha das partes.

As etapas da retórica para a construción do discurso son: Intelectio, inventio, dispositio e elocutio.

Historia[editar | editar a fonte]

A crítica máis antiga da retórica é que non trata un tema específico, isto é, que un orador pode dar un discurso sobre calquera tema e non sendo o contido o que importa, senón como un orador usa o idioma. Esa é unha das razóns poas que Platón atacou esta práctica, baleira na súa opinión.

Aristóteles respondeu á crítica argumentando que razón e retórica van xuntas, argumentando que a razón dialéctica é a ferramenta para atopar verdades universais e a retórica é a ferramenta para aclaralas e transmitilas aos demais.[1] A inventio serve ao orador a construír argumentos utilizando un sistema. Os retóricos romanos Cicerón e Quintiliano dedicaron tempo a formular a teoría detrás da retórica dos argumentos. A inventio constaría de tres partes:

  • Analizar a tarefa
  • Encuentrar argumentos para o caso
  • Seleccionar os mellores argumentos

Acepción xacobea[editar | editar a fonte]

Inventio, do latín inventionem (nominativo inventio), e este das raíces indoeuropeas ou pre-indoeuropeas *en e *gwa para 'vir'[2] é significa "atopar", e é a palabra máis empregada para referirse aos feitos que levaron ao achado do sepulcro do Apóstolo Santiago en Galiza nos anos 820-830.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nast, Condé (2014-11-27). "Perché nell'era di Google serve l'inventio, l’arte dell’infosourcing di Aristotele". Wired Italia (en italiano). Consultado o 2022-04-12. 
  2. "invention; Etymology, origin and meaning of invention". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2022-04-12. 
  3. "inventio - Xacopedia". xacopedia.com (en castelán). Consultado o 2022-04-12. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]