Actio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En retórica, logo da elaboración do discurso, da preparación da exposición retórica, iníciase o acto expositivo oratorio ante o auditorio. Esta emisión do texto, que foi creado mediante a Intelectio, inventio, dispositio e elocutio, tamén chamada pronuntiato, denomínase actio.

O acto expositivo oratorio ante o auditorio, denominado actio ou pronunciatio, desenvólvese en catro fases: exordium (presentación), narratio (exposición), argumentatio (argumentación) e peroratio (conclusión con finalidade conativa).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]