Acetobacteráceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Nonconfundir|Acetobacterium}}
{{Taxobox
{{Taxobox
| color = lightgrey
| color = lightgrey

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2014 ás 19:00

As acetobacteráceas (Acetobacteraceae), tamén chamadas bacterias do ácido acético, son unha familia de bacterias que se caracterizan porque obteñen a súa enerxía da oxidación do etanol a ácido acético durante as fermentacións. Son bacterias con forma de bacilo Gram negativas aeróbicas. Non se deben confundir co xénero Acetobacterium da familia Eubacteriaceae, o cal está formado por especies anaerobias que poden reducir o dióxido de carbono para producir ácido acético.[1]

As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do néctar das plantas e das froitas estragadas, e tamén da sidra fresca e da cervexa sen pasteurizar nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre Drosophilidae ou as Turbatrix aceti considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae[2] na natureza.

Algúns xéneros como Acetobacter, poden finalmente oxidar o ácido acético a dióxido de carbono e auga usando encimas do ciclo de Krebs. Outros xéneros como Gluconobacter, non oxidan o ácido acético.

Algunhas bacterias do ácido acético como Acetobacter xylinum poden sintetizar celulosa,[3] o cal normalmente é característico dos vexetais.

Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do pH 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.

Notas

Véxase tamén

Outras lecturas

Ligazóns externas