Diferenzas entre revisións de «Festa da pataca de Coristanco»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
m
m (→‎Características: arranxiño)
A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, o mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños, pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico. O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na [[gastronomía de Galicia]], encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.
 
A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa suasúa pel) e viño. Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as súas frontes.
 
[[Categoría:Festas gastronómicas galegas]]
103.236

edicións

Menú de navegación