Festa da pataca de Coristanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
categorías e algo de formato
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Ortografía}}
A '''festa da pataca de Coristanco''' é unha [[festa gastronómica]] celebrada a terceiro fin de semana de [[setembro]] no municipio de [[Coristanco]].
A '''festa da pataca de Coristanco''' é unha [[festa gastronómica]] celebrada a terceiro fin de semana de [[setembro]] no municipio de [[Coristanco]].



Revisión como estaba o 19 de decembro de 2013 ás 13:38

A festa da pataca de Coristanco é unha festa gastronómica celebrada a terceiro fin de semana de setembro no municipio de Coristanco.

A economía Coristanco baséase en parte neste producto da horta, sendo este municipio considerado como a Capital da Pataca en Galicia, en referencia ás elevadas colleitas da pataca debido ás boas condicións climatolóxicas para o seu crecemento.

Características

A festa da exaltación deste tubérculo nace en 1980, o mesmo tempo cá Cooperativa da Pataca de Bergantiños pola necesidade de dar a coñecer a calidade deste produto gastronómico.

O nome de Coristanco está asociado dende hai anos ao cultivo da pataca. Este produto, común na gastronomía de Galicia, encontra na comarca de Bergantiños, e en particular na terra de Coristanco, un dos seus mellores lugares de cultivo. A conxunción da climatoloxía húmeda e templada desta parte occidental de Galicia coas condicións dos seus solos explican as características que esta zona reúne para o seu cultivo.

A primeira actividade festiva comeza pola mañá cos tractores engalanados con patacas. O día continúa co concurso gastronómico, degustación de patacas, exposición de maquinaria agrícola, actuacións de grupos de gaitas e danza. Á hora da comida, repártese de modo gratuíto a todas as persoas asistentes sardiñas, cachelos (patacas cocidas coa sua pel) e viño Despois da comida continúase cos concursos: a recollida da pataca, que consiste en recoller no menor tempo posible un rego de patacas, e o baile da pataca, onde se premia a parella que consiga bailar máis tempo cunha pataca suxeita entre as suas frontes.