Manuel Soto Freire: Diferenzas entre revisións
[[Historia de Galicia (Murguía)| |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
||
[[Ficheiro:Historia de Galicia por Manuel Murguía, tomo primero, 1865.pdf|miniatura|165px|Tomo I da ''Historia de Galicia'' de Murguía.]] |
|||
Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. |
Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. |
||
Revisión como estaba o 27 de outubro de 2013 ás 19:29
Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826 e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897, foi un xornalista e editor galego.
Traxectoria
Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.
Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El Boletín del Clero (1861), El Gallego (1867) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.
Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía, e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce, amais de obras de Rosalía de Castro. Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.