Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións
amaño seccións finais |
|||
Liña 28: | Liña 28: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
⚫ | |||
==Ligazóns externas== |
|||
{{commonscat}} |
{{commonscat}} |
||
===Outros artigos=== |
|||
⚫ | |||
[[Categoría:Casas de Indianos de Galicia]] |
[[Categoría:Casas de Indianos de Galicia]] |
Revisión como estaba o 24 de outubro de 2013 ás 21:25
Coordenadas: 43°32′16″N 7°2′17″O / 43.53778, -7.03806
A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro.
Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950m², e o solar, 1050m² (medidas tomadas usando SIXPAC) Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.
O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.
Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.
As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.
A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.
Actualidade
O 23 de decembro de 2010 no DOG sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.
O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.
Bibliografía
Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre dos Moreno |