Diferenzas entre revisións de «Escólex»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
== Características ==
O escólex ten diversas formas dependendo da especie. Algúns cestodos teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do [[parasito]] ao [[intestino]] son normalmente as [[ventosa]]s, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,<ref>Zoe Tecno-Campo.com [http://www.zoetecnocampo.com/foro/Forum4/HTML/000121.html]</ref> que pode ser retráctil, como o de ''[[Hymenolepis nana]]''. Outros [[cestodo]]s están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,<ref>Enciclopædia Británica. Tenia. [http://www.britannica.com/eb/art-77667/Caracteristicas-principales-de-la-tenia-de-bovina]</ref> como é o caso de ''[[Taenia solium]]''. PodenPode haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como ''[[Hymenolepis diminuta]]'' e ''[[Taenia saginata]]''.
 
Algúns cestodos (Tetrafilídeos, Tripanorrincos, Pseudofilídeos) no escólex en vez de ventosas (ou xunto con elas) teñen uns sucos adhesivos chamados botrios ou uns lóbulos adhesivos (botridios) en posición lateral ou termnal. Outros (''Tentacuaria'') teñen trompas evaxinables espiñosas contidas nunha vaíña, e outros ventosas apicais ou órganos glandulares (Protocefaloideos).<ref>P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. 2ª ed. Pirámide. Páxina 214. ISBN 84-368-0316-7.</ref>
205.267

edicións

Menú de navegación