Escólex: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de es:Escólex
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4: Liña 4:


== Características ==
== Características ==
O escólex ten diversas formas dependendo do organismo. Algúns teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do [[parasito]] ao [[intestino]] son normalmente as [[ventosa]]s, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,<ref>Zoe Tecno-Campo.com [http://www.zoetecnocampo.com/foro/Forum4/HTML/000121.html]</ref> que pode ser retráctil, como o de ''[[Hymenolepis nana]]''. Outros [[cestodo]]s están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,<ref>Enciclopædia Británica - En español. Tenia. [http://www.britannica.com/eb/art-77667/Caracteristicas-principales-de-la-tenia-de-bovina]</ref> como é o caso de ''[[Taenia solium]]''. Poden haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como ''[[Hymenolepis diminuta]]'' e ''[[Taenia saginata]]''.
O escólex ten diversas formas dependendo do organismo. Algúns teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do [[parasito]] ao [[intestino]] son normalmente as [[ventosa]]s, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,<ref>Zoe Tecno-Campo.com [http://www.zoetecnocampo.com/foro/Forum4/HTML/000121.html]</ref> que pode ser retráctil, como o de ''[[Hymenolepis nana]]''. Outros [[cestodo]]s están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,<ref>Enciclopædia Británica. Tenia. [http://www.britannica.com/eb/art-77667/Caracteristicas-principales-de-la-tenia-de-bovina]</ref> como é o caso de ''[[Taenia solium]]''. Poden haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como ''[[Hymenolepis diminuta]]'' e ''[[Taenia saginata]]''.


En xeral, o tamaño dn escólex común é de 2 [[milímetro|mm]] a pesar de que o [[parásito]] mida varios [[metro]]s.<ref>Universidad Central de Venezuela - Facultad de Medicina. [http://www.med.ucv.ve/ftproot/PUB/Vargas/Generalidades%20de%20Cestodes%20y%20Teniosis.pdf]</ref> Seguido do escólex continúa o [[colo]] do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo.
En xeral, o tamaño dn escólex común é de 2 [[milímetro|mm]] a pesar de que o [[parásito]] mida varios [[metro]]s.<ref>Universidad Central de Venezuela - Facultad de Medicina. [http://www.med.ucv.ve/ftproot/PUB/Vargas/Generalidades%20de%20Cestodes%20y%20Teniosis.pdf]</ref> Seguido do escólex continúa o [[colo]] do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo.

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2013 ás 20:06

Escólex dunha Taenia solium con catro ventosas e rostelo con ganchos.

O escólex é a porción cefálica dos vermes parásitos adultos platihelmintos da clase cestoda, que utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus hóspedes. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie), que lle permiten ao animal adherirse á mucosa do intestino do seu hóspede.[1] O escólex é moi importante nas tenias e nos outros cestodos, como os do xénero Himenolepis.

Características

O escólex ten diversas formas dependendo do organismo. Algúns teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do parasito ao intestino son normalmente as ventosas, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,[2] que pode ser retráctil, como o de Hymenolepis nana. Outros cestodos están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,[3] como é o caso de Taenia solium. Poden haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como Hymenolepis diminuta e Taenia saginata.

En xeral, o tamaño dn escólex común é de 2 mm a pesar de que o parásito mida varios metros.[4] Seguido do escólex continúa o colo do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo.

Uso en diagnóstico

O escólex ten grande utilidade no laboratorio clínico cando se pode dispoñer del, porque é un dos elementos que permite distinguir unha especie cestodo doutra, en particular se pertencen ao mesmo xénero. Así, o escólex permite diferenciar entre unha H. diminuta e unha H. nana, ou tamén distinguir a T. saginata da T. solium. É unha grande ferramenta diagnóstica xunto coas diferenzas de tamaño, o cuello e os estróbilos. Con todo, debido a que o escólex está enterrado na mucosa intestinal, rara vez é expulsado polas feces, facendo que o diagnóstico de laboratorio estea case siempre baseado en encontrar e distinguir os ovos ou as proglótides na rexión anal do hóspede ou nas feces.

Notas

  1. Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos. [1]
  2. Zoe Tecno-Campo.com [2]
  3. Enciclopædia Británica. Tenia. [3]
  4. Universidad Central de Venezuela - Facultad de Medicina. [4]