Afonso XII de España: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=maio de 2010}} |
{{Sen referencias|data=maio de 2010}} |
||
{{Restauración borbónica en España}} |
{{Restauración borbónica en España}} |
||
[[Ficheiro: |
[[Ficheiro:ALFONSO 12º.jpg|miniatura|250px|Afonso XII.]] |
||
'''Afonso XII, O Pacificador''', nado en [[Madrid]] o [[28 de novembro]] de [[1857]] e falecido en El Pardo o [[25 de novembro]] de [[1885]], foi Rei de [[España]] entre [[1875]] e [[1885]]. |
'''Afonso XII, O Pacificador''', nado en [[Madrid]] o [[28 de novembro]] de [[1857]] e falecido en El Pardo o [[25 de novembro]] de [[1885]], foi Rei de [[España]] entre [[1875]] e [[1885]]. |
||
Revisión como estaba o 15 de xuño de 2013 ás 22:58
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Afonso XII, O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.
Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.
Vida
Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola Revolución Gloriosa e foron obrigados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena, etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestes anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868 - 70), o reinado de Amadeo I de Savoia e a Primeira República española (1873 - 1874). Esta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a isto, abriuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).
O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.
En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaura a monarquía e o país arranxando as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".
Tamén en 1876 aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.
Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranjuez.
Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.
Matrimonio
Casou dúas veces, primeiro coa súa curmá, María de las Mercedes de Orleáns , filla dos duques de Montpensier, morrendo esta de tifo uns meses despois de casaren. Despois cásase con María Cristina de Habsburgo-Lorena, con ela tivo tres fillos.
Fillos
- Afonso XIII (1886 - 1941), Rei de España, naceu tras a morte do seu pai.
Véxase tamén
Predecesor: Ningún (Francisco Serrano, Presidente da República) |
Rei de España 1874 - 1885 |
Sucesor: Afonso XIII |