Maj Sjöwall: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
Maj Sjöwall é unha escritora e tradutora sueca nacida en [[Estocolmo]] o [[25 de setembro]] de [[1935]], e autora, co seu compañeiro, Per Wahlöö (1926-1975), dunha serie de dez novelas policíacas protagonizadas polo inspector Martin Beck e publicadas entre 1965 e 1975. Máis alá dos parámetros da [[novela negra]], estas novelas ofrecen unha visión fortemente crítica da sociedade e o sistema político da [[Suecia]] da época, desde o punto de vista comprometidamente [[Marxismo|marxista]] dos autores. |
Maj Sjöwall é unha escritora e tradutora sueca nacida en [[Estocolmo]] o [[25 de setembro]] de [[1935]], e autora, co seu compañeiro sentimental, Per Wahlöö (1926-1975), dunha serie de dez novelas policíacas protagonizadas polo inspector Martin Beck e publicadas entre 1965 e 1975. Máis alá dos parámetros da [[novela negra]], estas novelas ofrecen unha visión fortemente crítica da sociedade e o sistema político da [[Suecia]] da época, desde o punto de vista comprometidamente [[Marxismo|marxista]] dos autores. |
||
A parella durou 14 anos e tivo dous fillos, Tetz e Jens. Despois de Per morrer de cancro de páncreas (1975), Maj Sjöwall seguiu a facer traducións do inglés, o danés e o noruegués para editoriais suecas; escribiu algúns relatos breves e é co-autora da novela ''Kvinnan Som Liknade Greta Garbo'' (1990) xunto ao alemán Tomas Ross. |
|||
==Premios== |
==Premios== |
Revisión como estaba o 28 de abril de 2013 ás 22:12
Maj Sjöwall é unha escritora e tradutora sueca nacida en Estocolmo o 25 de setembro de 1935, e autora, co seu compañeiro sentimental, Per Wahlöö (1926-1975), dunha serie de dez novelas policíacas protagonizadas polo inspector Martin Beck e publicadas entre 1965 e 1975. Máis alá dos parámetros da novela negra, estas novelas ofrecen unha visión fortemente crítica da sociedade e o sistema político da Suecia da época, desde o punto de vista comprometidamente marxista dos autores. A parella durou 14 anos e tivo dous fillos, Tetz e Jens. Despois de Per morrer de cancro de páncreas (1975), Maj Sjöwall seguiu a facer traducións do inglés, o danés e o noruegués para editoriais suecas; escribiu algúns relatos breves e é co-autora da novela Kvinnan Som Liknade Greta Garbo (1990) xunto ao alemán Tomas Ross.
Premios
- Premio Edgar Allan Poe (1971).
- Riverton Prize (2006).
- VIII Premio Pepe Carvalho de Novela negra (Barcelona, 2013).
Bibliografía
Ningunha das súas novelas está traducida ao galego, aínda que todas o están ao español e algunhas ao portugués.
- Roseanna (1965)
- Mannen som gick upp i rök (1966)
- Mannen på balkongen (1967)
- Den skrattande polisen (1968)
- Brandbilen som försvann (1969)
- Polis, polis, potatismos! (1970)
- Den vedervärdige mannen från Säffle
- Det slutna rummet (1972)
- Polismördaren (1974)
- Terroristerna (1975)