Banda de música de Cira: Diferenzas entre revisións
Nova páxina |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 16 de abril de 2013 ás 20:19
A Banda de música de Cira foi unha agrupación musical con sede na parroquia de Cira, no concello pontevedrés de Silleda.
Historia
Fundada no ano 1850, foi dirixida, entre outros, por O Carballeda, fundador da mesma; Andrés Mosteiro Otero, Pepe Fiúza ou Bernardo del Río, que permaneceu dez anos no cargo e que despois se encargaría da Banda de Santa Cruz de Ribadulla. Debido a conflitos internos, a banda desapareceu no ano 1971. Eran frecuentes as actuacións desta banda con outras como Arca do Pino, Lantaño, A Estrada, Merza...
En 1984, púxose en marcha unha iniciativa para refundar a banda, contando con Amadeo Valero na batuta. A este proxecto uníronse moitas persoas de Ponte Ledesma, a onde acabaron por trasladarse os ensaios e se crearía alí unha nova agrupación: a Unión Musical de Ponteledesma.
Véxase tamén
Bibliografía
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.