Lago Titicaca: Diferenzas entre revisións
m robot Añadido: qu:Titiqaqa qucha |
m robot Añadido: cy:Llyn Titicaca |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[ca:Llac Titicaca]] |
[[ca:Llac Titicaca]] |
||
[[cs:Titicaca]] |
[[cs:Titicaca]] |
||
[[cy:Llyn Titicaca]] |
|||
[[da:Titicaca-søen]] |
[[da:Titicaca-søen]] |
||
[[de:Titicaca-See]] |
[[de:Titicaca-See]] |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2007 ás 00:24
O Lago Titicaca, con cerca de 8300 km², é o maior lago da América do Sur. Situandose a 3821 m acima do nivel do mar, é o mais alto lago comercialmente navegábel do mundo.
Localizado no altiplano dos Andes, na fronteira do Perú e da Bolivia, ten unha profundidade media de 140 a 180 m, e unha profundidade máxima de 280 m.
Mais de 25 ríos desaugan no lago Titicaca, e o lago ten 41 illas, algunhas densamente poboadas.
O Titicaca é interesante pola poboación vivindo nos Uros, nove illas artificiais. Esas illas tornaronse unha grande atracción turística no Perú, traendo excursións da cidade de Puno, no Perú. Outra illa, Taquile, é outra grande atracción turística, apresentando unha comunidade indíxena. Os habitantes de Taquile son coñecidos polos seus produtos textiles feitos á mao, considerados entre as manufaturas de mellor cualidade do Perú.
O lago Titicaca é alimentado pola auga das chuvias e polo desxelo das xeleiras que rodean o altiplano. É fonte do río Desaguadero, que corre para o sur através da Bolivia até o Lago Poopó; no entanto, este afluente é responsábel polo menos do cinco por cento da perda de auga, o resto ficando por conta da evaporación debida aos ventos intensos e á exposición extrema á luz do Sol nesta altitude.
A orixe do nome Titicaca é descoñecida; foi traducido como "Pedra do Puma", combinando palabras da lingua local Quichua e Aimará. Localmente, o lago é coñecido con diversos nomes.
Como a parte sudeste do lago é separada do resto do lago polo estreito de Tiquina, os bolivianos chaman esa pequena parte de Lago Huinaymarca e a parte maior de Lago Chucuito. No Perú, esas partes pequena e grande son coñecidas como Lago Pequeño e Lago Grande, respectivamente.