Altona: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
|||
Liña 238: | Liña 238: | ||
[[Categoría:Distritos de Hamburgo]] |
[[Categoría:Distritos de Hamburgo]] |
||
[[ca:Districte d'Altona]] |
|||
[[da:Altona]] |
|||
[[de:Bezirk Altona]] |
|||
[[en:Altona, Hamburg]] |
|||
[[eo:Altona]] |
|||
[[es:Hamburgo-Altona]] |
|||
[[et:Altona]] |
|||
[[fi:Altona]] |
|||
[[fr:Hambourg-Altona]] |
|||
[[fy:Altona]] |
|||
[[he:אלטונה]] |
|||
[[it:Altona]] |
|||
[[ja:ハンブルク=アルトナ]] |
|||
[[la:Altona]] |
|||
[[mk:Алтона (Хамбург)]] |
|||
[[nds:Altno]] |
|||
[[nl:Hamburg-Altona]] |
|||
[[no:Altona]] |
|||
[[pl:Altona (okręg administracyjny Hamburga)]] |
|||
[[ro:Hamburg-Altona]] |
|||
[[ru:Альтона]] |
|||
[[sl:Altona, Hamburg]] |
|||
[[sv:Hamburg-Altona]] |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2013 ás 23:44
Modelo:Distrito de Hamburgo Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).
Xeografía
O límite sur de Altona é o río Elba, ao outro lado do río está o estado da Baixa Saxonia e os distritos de Harburg e de Hamburg-Mitte, distrito que tamén limita a Astona polo leste. A fronteira occidental é o estado de Schleswig-Holstein. Segundo a oficina de estatística da zona de Hamburgo Altona en 2008 tiña unha superficie de 77,4 km².
Barrios
Os barrios (Stadtteile) de Altona son:
|
|
|
|
|
|
|
-
Famosos piares de ferro
-
Casa de 1860
-
Köhlbrandtreppe
-
Hansens Palmaille 49–59
Demografía
En 2008 no barrio de Altona vivían 243.972 habitantes, dos cales 16.4% eran rapaces menores de 18 anos e un 18,6% persoas maiores de 65. O 15.3% proviñan da inmigración, estando 12.545 rexistradas como desempregados. Hai 37 escolas elementais e 30 secundarias en Altona.
A seguinte táboa describe a evolución da poboación no distrito dende 1537. Hai que ter en conta que dende el 1 de abril de 1938 fixo a súa adhesión á cidade de Hamburgo.
|
|
|
|
Política
Simultaneamente coas eleccións ao Parlamento Estatal (Bürgerschaft), 51 Bezirksversammlung son elixidos coma representantes dos cidadáns.
Eleccións
As últimas elección en Hamburgo foron o 24 de febreiro de 2008. Cinco partidos obtiveron máis dun 5% dos votos, requisito necesario para poder cualificar. Estes cinco partidos foron: o conservador CDU, os socialdemócratas do SPD, os Verdes (GAL), o partido de esquerdas Die Linke e os neoliberais do Freie Demokratische Partei (FDP). A participación foi do 65,2%.
Partido | Porcentaxe | Escanos |
---|---|---|
CDU | 34.6 | 18 |
SPD | 29.8 | 16 |
GAL | 18.3 | 9 |
Die Linke | 9.2 | 5 |
FDP | 5.9 | 3 |
Transportes
En Altona atópase a principal estación de ferrocarril do estado, Hamburg-Altona, que conecta o transporte público co rexional, tanto autobuses coma trens. O Bundesautobahn 7 conduce a través do distrito.
De acordo co Departamento de Vehículos a Motor (Kraftfahrt-Bundesamt) en Altona hai 87.131 coches privados rexistrados, o que supón uns 355 automóbiles por cada 1000 habitantes.