Fusion: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 12 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q944465
Liña 13: Liña 13:
[[Categoría:Xéneros musicais]]
[[Categoría:Xéneros musicais]]


[[cs:Fusion (hudba)]]
[[da:Fusion (musik)]]
[[en:Fusion (music)]]
[[fa:موسیقی تلفیقی]]
[[fr:Fusion de genres musicaux]]
[[he:פיוז'ן (מוזיקה)]]
[[hi:फ्यूजन संगीत]]
[[hu:Fúziós zene]]
[[ml:ഫ്യൂഷന്‍ സംഗീതം]]
[[ml:ഫ്യൂഷന്‍ സംഗീതം]]
[[ro:Fusion]]
[[sr:Фузија (музика)]]
[[sv:Fusion (musik)]]
[[uk:Ф'южн]]

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2013 ás 03:04

A fusion (ou jazz-rock fusion ou jazz fusion) é un xénero musical que mestura elementos do jazz con outros estilos musicais, particularmente rock, funk, R&B, música electrónica e músicas folclóricas. Os álbumes de fusión (incluso os feitos polo mesmo artista) acostuman incluír varios destes estilos musicais.

A finais dos 1960, os músicos de jazz comezaron a mesturar as formas e as técnicas interpretativas do jazz cos instrumentos eléctricos do rock e os ritmos do soul e o R&B. Ó mesmo tempo, algúns artistas de rock comezaron a incluír elementos do jazz á súa música. Os 70 foron a década da fusión, mais o estilo seguiu vivo até hoxe. Máis ca coma un estilo musical codificado, a fusión pode verse coma unha tradición ou aproximación musical. A unha parte do rock progresivo tamén se lle chama fusión.

A fusión é tipicamente instrumental, adoito con compases e ritmos complexos e temas moi longos, incluíndo longas improvisacións. Moitos dos máis eminentes músicos de fusión combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse Dave Brubeck e Don Ellis.

A fusión non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así en Xapón, Sudamérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma jazz rock).

Véxase tamén

Outros artigos