Bésta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 46 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q181947
Liña 22: Liña 22:


[[Categoría:Armamento]]
[[Categoría:Armamento]]

[[ang:Ȝelocen boȝe]]
[[ar:قوس مستعرض]]
[[be:Арбалет]]
[[bg:Арбалет]]
[[br:Kroazwareg]]
[[ca:Ballesta]]
[[cs:Kuše]]
[[da:Armbrøst]]
[[de:Armbrust]]
[[en:Crossbow]]
[[eo:Arbalesto]]
[[es:Ballesta]]
[[fa:کمان زنبورکی]]
[[fi:Varsijousi]]
[[fr:Arbalète (arme)]]
[[he:קשת מוצלבת]]
[[hr:Samostrel]]
[[hu:Számszeríj]]
[[hy:Աղեղնազեն]]
[[id:Busur silang]]
[[io:Arbalesto]]
[[is:Lásbogi]]
[[it:Balestra (arma)]]
[[ja:クロスボウ]]
[[ko:쇠뇌]]
[[la:Manuballista (sensu stricto)]]
[[lt:Arbaletas]]
[[lv:Stops (ierocis)]]
[[nl:Kruisboog]]
[[nn:Armbrøst]]
[[no:Armbrøst]]
[[oc:Aubaresta]]
[[pl:Kusza]]
[[pt:Besta (arma)]]
[[ro:Arbaletă]]
[[ru:Арбалет]]
[[sh:Samostrel]]
[[simple:Crossbow]]
[[sk:Kuša]]
[[sl:Samostrel]]
[[sr:Самострел]]
[[sv:Armborst]]
[[tr:Tatar yayı]]
[[uk:Арбалет]]
[[vi:Nỏ]]
[[zh:弩]]

Revisión como estaba o 24 de marzo de 2013 ás 09:39

Bésta trazada por Leonardo da Vinci, c. 1500

A bésta é unha arma antiga que se difunde en Europa no século X como evolución e perfeccionamento do primitivo arco e seta.

Historia

Puido ser inventada polos chineses e foi coñecida polos romanos. Nun principio foi utilizada para a caza e adaptouse para a guerra durante a Idade Media. Desprezada polos cabaleiros, foi prohibida pola Igrexa contra os cristiáns, o que non impediu a súa utilización. A palabra tería sido sincopada do italiano balestra, que por súa vez deriva do latín tardío ballistra ou arcuballistra.

O arco de madeira foi substituído por un potente arco metálico formado por unha ou varias láminas metálicas unidas. A corda vexetal ou de tripa trenzada foi substituída finalmente por arame. E a frecha de vara vexetal foi substituída por una seta curta e metálica, capaz de perforar as coirazas. Agregóuselle perpendicularmente ao arco un carril acanalado no que se aloxaba a seta e sobre o que se desprazaba violentamente a corda impulsora ou arame. Para flexionar o arco metálico e vencer a súa potente resistencia realizábanse diversas manobras. As primeiras consistiron en poñer o arco en terra e tensar o arame con ambas máns ou o pe ata trabalo nun gancho; máis tarde montáronse mecanismos diversos sobre o carril central. O máis exitoso e usado foi o tensado mediante torniquete a manivela. O arame poderosamente tensado e suxeito por unha traba, disparábase cun gatillo.

Esta arma mellorou radicalmente a eficacia do arco e frecha, pola súa grande potencia (o proxectil metálico perforaba unha loriga a 350 metros), precisión (ao poderse apuntar como un rifle) e eficiencia (era certeiro a maior distancia que a frecha, disparábase corpo a terra, a pe ou a cabalo e non precisaba tanta destreza como o arco para darlle ao branco. A súa lentitude de recarga era a principal desvantaxe. Nisto tomoulle vantaxe un novo arco aparecido por ese tempo en Gales (Illas Británicas): mentres o besteiro disparaba unha seta por minuto, no mesmo tempo un hábil e rexo arqueiro galés co seu enorme arco de 1,80 metros, lograba disparar dez frechas a case 300 metros de distancia.

Cabaleiro francés do século XVI armado cunha bésta

A resistencia das armaduras fora aumentando co progreso da siderurxia, o que obrigou a aumentar o poder da bésta coa creación do arco de aceiro a comezos do século XIV, que substituíu aos arcos de madeira e aos mixtos (madeira, tendóns e corno). A bésta constituíu o anticipo máis equivalente das armas de fogo. Como nestas, a bésta gatillábase e apuntábase acercando o ollo ao extremo do carril da frecha para aliñalo co branco ao que se tiraba. A a súa efectividade a distancia só foi superada pola pólvora. Os soldados que portaban esta arma chamábanse "besteiros".

A bésta revolucionou as posibilidades individuais de dar morte ao inimigo: calquera inexperto podía matar a distancia un consumado guerreiro. Isto resultou tan novidoso e ameazador que mereceu una bula papal onde se previña á cristiandade contra o seu uso polo "perigo que representaba para a humanidade unha arma semellante".

A bésta utilízase na actualidade como deporte, se ben non ten a categoría de deporte olímpico, como si o ten o tiro con arco.

Tamén se denomina bésta a arma empregada na pesca submarina.