Molina de Aragón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: cbk-zam:Molina de Aragón
Liña 43: Liña 43:
[[an:Molina d'Aragón]]
[[an:Molina d'Aragón]]
[[ca:Molina de Aragón]]
[[ca:Molina de Aragón]]
[[cbk-zam:Molina de Aragón]]
[[de:Molina de Aragón]]
[[de:Molina de Aragón]]
[[en:Molina de Aragón]]
[[en:Molina de Aragón]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 01:58

Vista de Molina de Aragón
Ponte vella en Molina de Aragón

Molina de Aragón é unha localidade e un concello da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela - A Mancha. A súa poboación era de 3.656 habitantes en 2006.

O municipio, de 168 km2, limita polo norte con o de Rueda de la Sierra, polo noroeste con Tortuera e máis Embid, polo leste con Campillo de Dueñas e La Yunta, polo sudeste con Castellar de la Muela, polo sur con Prados Redondos, polo sudoeste con Castilnuevo, polo oeste con Corduente e polo nordeste con Rillo de Gallo.

Xeografía

Hidrografía

O río Gallo atravesa a poboación. Compre tamén lembrar La Cava, unha rambla ou torrente que polo xeral leva auga e que no ano 1930 produciu graves inundacións.

Economía

Molina é unha vila dedicada ao comercio e aos servizos, con escasa industria. É o centro administrativo comarcal dunha área eminentemente agrícola e gandeira, cun incipiente turismo rural atraido pola natureza.

Historia

O nome actual da poboación procede da súa antiga pertenza á Coroa de Aragón. Pese a que foi tomada por Castela aos musulmáns, durante a guerra entre Castela e Aragón de 1356-1369, a vila (coñecida como Molina de los Caballeros, Molina de los Condes ou, simplemente, Villa de Molina) e máis a súa comarca pasaron ao reino de Aragón.

No ano 1375 foi reconquistada polas tropas de Pedro o Cruel de Castela, durante unha expedición de castigo contra os aragoneses que daban apoio a seu irmán bastardo Henrique na guerra que ambos mantiñan polo trono castelán. O exèrcito chegou mesmo a conquistar Teruel, mais nos tratados de paz seguintes os casteláns retiraríanse de todos os territorios e localidades ocupadas, salvo da contorna de Molina, que sería coñecida a partir de entón como de Aragón. A vila de Molina, residencia habitual de Pedro I desde aquela altura, foi considerado como un territorio aparte, en mans do rei, costume que perdurou até a actualidade, xa que entre os títulos señoriais do rei de España, Xoán Carlos I, continúa a figurar o de "Señor de Molina".

Monumentos e lugares de interese

  • O Castelo ou Alcácer, un dos maiores de España.
  • A ponte románica.
  • A igrexa e o convento de San Francisco.
  • A igrexa de Santa Clara.

En xeral a vila conserva boa parte do seu patrimonio medieval e ds idade moderna.

Contorno ambiental

Molina está situada moi preto do parque natural do Alto Texo, que posúe especies mediterráneas de montaña alta e mediana, en óptimo estado de conservación. Constitúe ademais unha dos maiores áreas de canóns fluviais do interior peninsular. O parque conecta aínda con zonas turísticas e paisaxísticas como son a Serranía de Cuenca ou os Montes Universales (Teruel).

A 11 km de Molina de Aragón se sitúa a ermida románica da Virxe do Congosto, no interior dun barranco espectacular.

Festas locais

  • As festas patronais son as do Cristo de Las Victorias (1 de setembro).
  • Nosa Señora do Carmo (16 de xullo), declarada de interese turístico rexional.
  • A Inmaculada (8 de decembro).
  • A loia á Virxe do Congosto (domingo de Pentecoste).
  • A Feira Medieval (terceira fin de semana de xuño).
  • O entroido.