Invasión soviética de Polonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Ampío de en.wiki
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 40: Liña 40:
== Antecedentes ==
== Antecedentes ==
=== Antecedentes históricos ===
=== Antecedentes históricos ===
O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para disminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. [[Józef Piłsudski]] tratou de ampliar os límites de [[Polonia]] cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de [[Rusia]] ou [[Alemaña]]. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na [[Guerra Civil Rusa]] e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de [[Europa]]. As escaramuzas fronteirizas de [[1919]] deron paso á [[Guerra polaco-soviética]] de [[1920]]. Despois da vitoria polaca na [[batalla de Varsovia]], os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a [[paz de Riga]], o [[18 de marzo]] de [[1921]], dividindo os territorios disputados entre [[Polonia]] e a [[Unión Soviética]]. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o [[Imperio Ruso]] e a [[República das dúas nacións]] antes da primeira partición de [[1772]]. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.
O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para diminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. [[Józef Piłsudski]] tratou de ampliar os límites de [[Polonia]] cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de [[Rusia]] ou [[Alemaña]]. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na [[Guerra Civil Rusa]] e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de [[Europa]]. As escaramuzas fronteirizas de [[1919]] deron paso á [[Guerra polaco-soviética]] de [[1920]]. Despois da vitoria polaca na [[batalla de Varsovia]], os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a [[paz de Riga]], o [[18 de marzo]] de [[1921]], dividindo os territorios disputados entre [[Polonia]] e a [[Unión Soviética]]. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o [[Imperio Ruso]] e a [[República das dúas nacións]] antes da primeira partición de [[1772]]. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.


[[Categoría:Guerras]]
[[Categoría:Guerras]]

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2013 ás 08:19

Invasión soviética de Polonia

Forzas soviéticas marchan a través de Polonia.
Data: 17 de setembro6 de outubro de 1939
Lugar: Polonia
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria soviética
Resultado: o territorio de Polonia foi dividido e anexionado
Combatentes
Polonia Unión Soviética
Forzas en combate
20.000 Corpo de protección de fronteiras

250.000 Exército polaco

466.516 - 800.000 soldados

33 divisións
11 brigadas
4.959 canóns
4.736 tanques
3.300 avións

Efectos
Mortes: 3.000 - 7.000 mortos ou desaparecidos

máis de 20.000 feridos

Mortes: 1.475 - 3.000 mortos ou desaparecidos

2.383 - 10.000 feridos

A invasión soviética de Polonia de 1939 foi unha operación militar da Unión Soviética iniciada sen unha declaración formal de guerra o día 17 de setembro de 1939, durantes as primeira fases da Segunda Guerra Mundial. Dezaseis días despois de que a Alemaña nazi invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión retatou o 6 de outubro de 1939 coa división e anexión de toda a Segunda República Polaca polos alemás e os soviéticos.

A comezos de 1939 a Unión Soviética iniciou negociacións co Reino Unido, Francia, Polonia e Romanía para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o pacto Ribbentrop-Molotov coa Alemaña nazi o 23 de agosto; este era un pacto de non-agesión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de Europa. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O Exército Vermello invadíu o Kresy (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día 17 de setembro. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral Romanía.

O Exército Vermello, moito máis numeroso que a resistencia polaca, acadou os seus obxectivos, e capturou a uns 230.000 prisioneiros de guerra. O goberno soviético anexionou o territorio baixo o seu control, e no mes de novembro fixo que os 13,5 millóns de cidadáns polacos das zonas controladas pasasen a ser cidadáns da Unión Soviética. Inmediatamente comezaron unha campaña de sovietización nos novos territorios adquiridos. Realizaron unhas eleccións coa intención de lexitimar a anexión do leste de Polonia, e sufocaron a oposición por medio de execucións sumarias e milleiros de detencións. A Unión Soviética enviou a centos de persoas a Siberia e outras zonas remotas do país en catro grandes ondas de deportación entre 1939 e 1941.

As forzas soviéticas ocuparon o leste de Polonia ata o verán de 1941, cando foron expulsados pola invasión do exército alemán durante a Operación Barbarossa. A zona estivo baixo a ocupación nazi ata que o Exército Vermello reconquistouna no verán de 1944. Un acordo na Conferencia de Yalta permitiu á Unión Soviética anexionarse case toda a súa porción da Segunda República Polaca segundo o Pacto Molotov-Ribbentrop, compensando á República Popular de Polonia coa metade sur de Prusia Oriental e territorios ao leste da liña Oder-Neisse. A Unión Soviética integrou os territorios invadidos nas Republicas Socialistas Soviéticas de Ucraína e Bielorrusia.

En agosto de 1945, tras o final da guerra en Europa, a Unión Soviética e Polonia asinaron un tratado de fronteiras. Este acordo recoñecía o status quo da fronteira oficial coa excepción da rexión ao redor de Bialystok e unha pequena parte da ribeira leste do río San ao seu paso por Przemyśl, en Galitsia, que foi devolta a Polonia.

Antecedentes

Antecedentes históricos

O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para diminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. Józef Piłsudski tratou de ampliar os límites de Polonia cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de Rusia ou Alemaña. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na Guerra Civil Rusa e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de Europa. As escaramuzas fronteirizas de 1919 deron paso á Guerra polaco-soviética de 1920. Despois da vitoria polaca na batalla de Varsovia, os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a paz de Riga, o 18 de marzo de 1921, dividindo os territorios disputados entre Polonia e a Unión Soviética. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o Imperio Ruso e a República das dúas nacións antes da primeira partición de 1772. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.