Paio, mártir: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
m r2.7.1) (Bot: Engado: it:Pelagio di Cordova |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
[[es:Pelayo (mártir)]] |
[[es:Pelayo (mártir)]] |
||
[[he:פלגיוס הקדוש מקורדובה]] |
[[he:פלגיוס הקדוש מקורדובה]] |
||
[[it:Pelagio di Cordova]] |
|||
[[oc:Palai de Còrdoa]] |
[[oc:Palai de Còrdoa]] |
||
[[pt:Paio de Córdova]] |
[[pt:Paio de Córdova]] |
Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2013 ás 11:40
San Paio Mártir, nado en Albeos (Crecente, daquela parte do condado de Turonia) no ano 911 e falecido en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.
O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.
Martirio e morte
O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Este foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentres que Paio quedaba en calidade de refén.
Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.
A súa haxiografía relata que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fose pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fose tentado por Abderramán III para que se convertese ao Islam, cousa que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola graza de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]
Veneración
O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias.
Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten ampla difusión en topónimos da Galiza toda. San Paio Mártir é santo patrón do Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas.