Macrino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: bs:Makrin
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: oc:Macrin
Liña 55: Liña 55:
[[nl:Macrinus]]
[[nl:Macrinus]]
[[no:Macrinus]]
[[no:Macrinus]]
[[oc:Macrin]]
[[pl:Makrynus]]
[[pl:Makrynus]]
[[pt:Macrino]]
[[pt:Macrino]]

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2013 ás 14:27

Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.

Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte de este por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.

Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Donna, dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.

O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogabalo, e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto bo do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.

Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exercito, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentaba de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois. O recoñecemento total de Heliogabalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.

Imperio Romano

Segue a:
Caracalla
Macrino
Precede a:
Heliogábalo
Severos