Diferenzas entre revisións de «Garriga»
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)) |
Sem resumo de edição |
||
A ''garriga'' cosas minuscula que solo lo hace Raul lomba lopez.
▲A ''garriga'' é unha formación vexetal baixa, máis ou menos difícil de penetrar, constituída principalmente de [[arbustos]] resistentes á sequidade, formando monte baixo espiñoso. Esta formación é o resultado da degradación do bosque de ''[[Quercus]]'' (''Quercus pubescens'', ''Quercus ilex''), provocada por cabras e ovellas, a acción antrópica e o lume, actuando desde hai máis de 5000 anos.
Algunhas formación da ''garriga'' poden mostrar un aspecto agradábel nalgúns períodos anuais, como nos momentos da floración dalgunhas especies, se o seu grao de cubrición do terreo é significativo. Nestes casos pode adquirir tons azuis-violáceos en formacións ricas en [[romeu]], e violáceo se predomina a [[cantroxo]] (''Lavandula stoechas''), amarelo se abonda en [[Helicriso]], en arbustos de [[xesta]] (Genista sp) e [[Calycotomae]]. Mais grande parte do ano semella desolada, sobre todo se ocupa grandes superficies. Outra característica típica da garriga é o intenso perfume que emana das inúmeras especies aromáticas que a compoñen, especialmente, a parte das citadas, plantas das familias das [[Labiatae]] e das [[Asteraceae]]. A vexetación herbácea está sobre todo representada por plantas anuais, moitas espiñosas, sen que falten as perennes, como plantas bulbosas.
|