César Rodríguez Álvarez: Diferenzas entre revisións
Liña 84: | Liña 84: | ||
===Como adestrador=== |
===Como adestrador=== |
||
Tras o gran éxito colleitado co [[Elche CF]] a quen deixou en [[Primeira División Española|Primeira División]] fichou polo [[Real Zaragoza]] para aos tres anos dirixir ao [[FC Barcelona]]. De |
Tras o gran éxito colleitado co [[Elche CF]] a quen deixou en [[Primeira División Española|Primeira División]] fichou polo [[Real Zaragoza]] para aos tres anos dirixir ao [[FC Barcelona]]. De ahí pasaría ao [[RCD Mallorca]] en [[1965]] con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo [[Celta de Vigo]]. En [[Vigo]] supliría a [[Rafael Yunta]] que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituido por [[Pepe Villar]]. |
||
En [[1967]] ficha polo [[Real Betis Balompié]] pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano. |
En [[1967]] ficha polo [[Real Betis Balompié]] pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano. |
Revisión como estaba o 11 de novembro de 2012 ás 22:17
Modelo:InfFut2 Cesar Rodríguez Álvarez, nado o 29 de xuño de 1920 en León e finado o 1 de marzo de 1995 en Barcelona foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro. Irmán do tamén futbolista Ricardo Rodríguez Álvarez.
Traxectoria
Como xogador
Formouse no Frente de Juventudes de León e no ano 1939 fichou polo FC Barcelona pero este cederiao a mediados da primeira tempada ao CE Sabadell e os dous anos seguintes o Granada CF xa que tiña que cumprir o Servizo militar en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de Segunda División e a xogar en Primeira.
Unha vez de volta en Barcelona fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou dez trofeos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo e Copas Latinas. Tamén se proclamou pichichi co club catalán na tempada 1948-49.
Deixou o Barcelona no ano 1955 e tras xogar no Cultural Leonesa e no Perpignan retirouse xogando no Elche CF, sendo na última tempada xogador-adestrador, e subindo ao equipo dende a Terceira División a Primeira en so tres anos e proclamándose campión de Terceira e Segunda División.
Ca Selección de fútbol de España disputou un total de 13 encontros entre os anos 1945 e 1952, marcando seis goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.
As súas cifras anotadoras levarono a ser o máximo goleador do FC Barcelona en encontros oficiais ata o 20 de marzo de 2012 cando o superou o arxentino Lionel Messi.
Como adestrador
Tras o gran éxito colleitado co Elche CF a quen deixou en Primeira División fichou polo Real Zaragoza para aos tres anos dirixir ao FC Barcelona. De ahí pasaría ao RCD Mallorca en 1965 con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo Celta de Vigo. En Vigo supliría a Rafael Yunta que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituido por Pepe Villar.
En 1967 ficha polo Real Betis Balompié pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano.
En Segunda División pasou por Mallorca e Hércules CF antes de retirarse no UE Sant Andreu.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Granada FC
- Xogadores do Cultural Leonesa
- Xogadores do Elche CF
- Adestradores de fútbol
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do RCD Mallorca
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Real Betis Balompié
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores do UE Sant Andreu
- Nados en León