Rodolfo Bodipo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 32: Liña 32:
| goals4 = 23
| goals4 = 23
| years5 = 2006–
| years5 = 2006–
| clubs5 = [[Deportivo de La Coruña|Deportivo da Coruña]]
| clubs5 = [[Deportivo da Coruña]]
| caps5 = 68
| caps5 = 69
| goals5 = 9
| goals5 = 9
| years6 = 2010
| years6 = 2010
Liña 50: Liña 50:
| nationalgoals1 = 6
| nationalgoals1 = 6
| medaltemplates =
| medaltemplates =
| club-update = 3 de xuño de 2012.
| club-update = 6 de novembro de 2012.
| nationalteam-update =
| nationalteam-update =
}}
}}

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2012 ás 14:42

Modelo:InfFut2 Rodolfo Bodipo Díaz, nado o 25 de outubro de 1977 en Dos Hermanas (Sevilla), é un futbolista hispano-ecuatoguineano. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Deportivo da Coruña

Traxectoria

Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.

En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.

En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.

En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.

O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,[1] anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.[2]

Selección nacional

Bodipo foi internacional con Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.

Palmarés

Deportivo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas