FerroAtlántica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
edición
fin edición inicial
Liña 1: Liña 1:
{{en uso}}


{{Compañía
{{Compañía
Liña 8: Liña 7:
| pé_imaxe =
| pé_imaxe =
| tipo_compañía = [[Sociedade Anónima]]
| tipo_compañía = [[Sociedade Anónima]]
| fundación = [[1903]]<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/19/0003_8918535.htm Un paseo completo desde Carburos hasta Ferroatlántica. La Voz de Galicia
| fundación = [[1958]]
]</ref>
| matriz = Grupo Villar Mir
| matriz = Grupo Villar Mir
| localización = Paseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
| localización = Paseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2012 ás 19:23

FerroAtlántica S.A.

Editar o valor em Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1903[1]
MatrizGrupo Villar Mir
LocalizaciónPaseo de la Castellana, 259-D Plantas 45 y 49, 28046 Madrid
Persoas claveJuan Miguel Villar Mir
IndustriaMetal
ProdutosAleacións
Na rede
http://www.gestamp.com/
editar datos en Wikidata ]

FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaleacións co 15% do mercado mundial. Ten15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Sudáfrica, unha en Venezuela e outra en China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao ano[2].

Historia

En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón

A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 litros por segundo e un salto de 19,13 metros[3]. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras.

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas. Dúas das fábrias están na Costa da Morte, provincia da Coruña, nos concellos de Cee e Dumbría. A outra das fábricas está no Polígono Industrial de Sabón, Arteixo.

Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente. O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condeada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xuzgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva[4].

A empresa ten certificacións ISO 9001 así como certificación OSHAS. Todas elas tamén adheridas ao Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). Certificación ISO 14001, do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa temén cumpre o reglamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).

Produtos

  • Si Metal
  • SiMn
  • FeMn
  • FeMn Af
  • FeSi
  • Microsílice
  • Pasta Söderberg

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas