Jordi Pujol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Liña 31: Liña 31:
ESPAZO_POLITICO=[[Ficheiro:Senyal de la Generalitat de Catalunya.svg|25px]]<br>[[Generalitat de Cataluña]]||
ESPAZO_POLITICO=[[Ficheiro:Senyal de la Generalitat de Catalunya.svg|25px]]<br>[[Generalitat de Cataluña]]||
ANTES=[[Josep Tarradellas]]|
ANTES=[[Josep Tarradellas]]|
DEPOIS=[[Pasqual Maragall]]|
DESPOIS=[[Pasqual Maragall]]|
DINASTIA=[[Presidente da Generalitat de Cataluña|President]]|
DINASTIA=[[Presidente da Generalitat de Cataluña|President]]|
DATA_ENTRADA=[[1980]]|
DATA_ENTRADA=[[1980]]|

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2012 ás 18:09

Modelo:Infpolitico Jordi Pujol i Soley, nado en Barcelona o 9 de xuño de 1930, é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e Presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003. É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola no ano 1956, xuntos teñen 7 fillos.

Traxectoria

Franquismo

Pujol foi arrestado o 1960 polas súas actividades antifranquistas, e foi sentenciado a sete anos de prisión, dos cales cumpriu dous e medio na prisión de Zaragoza e un de confinamiento na cidade de Xirona. Liderou as campañas contra o director de "La Vanguardia" Luis de Galinsoga, o os Feitos do Palacio e "Queremos Bispos Cataláns". Unha vez en liberdade, volveu á actividade política co obxectivo de organizar un movemento nacionalista catalán. Presidiu a entidade financeira Banca Catalana a cal foi un centro de finanzamento de actividades culturais catalás, como o grupo Enciclopèdia Catalana, Òmnium Cultural ou a Llibreria Ona.

Fundación de Convergència

Un dos impulsores da Asemblea de Cataluña, en 1974 foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya, e foi elixido Secretario Xeral. Foi Conselleiro da Generalitat de Catalunya en tempo do Presidente Josep Tarradellas.

Presidencia da Generalitat

Foi elixido Presidente da Generalitat en 1980, e reelixido no 1984, 1988, 1992, 1995 e 1999. No ano 2003 ao acabar o seu último mandato, retirouse da primeira liña política, deixando a dirección do partido en mans de Artur Mas.


Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep Tarradellas
Jordi Pujol
Precede a:
Pasqual Maragall
President