Conversa Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54: Liña 54:


:Pola contra o dicionario da RAE en [http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=listado listado] só da a acepción de "De listas", non da nengunha para lista. E de lista da como sinónimos ''inventario e táboa''. No VolGa listado só aparece como adxectivo, listado/listada. Penso que como moito podería aclararse un pouco que é válido se é "De listas". Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18:25, 15 de xuño de 2012 (UTC)
:Pola contra o dicionario da RAE en [http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=listado listado] só da a acepción de "De listas", non da nengunha para lista. E de lista da como sinónimos ''inventario e táboa''. No VolGa listado só aparece como adxectivo, listado/listada. Penso que como moito podería aclararse un pouco que é válido se é "De listas". Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18:25, 15 de xuño de 2012 (UTC)
:Que está nunha lista é alistado[http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=alistado], o feito que non traia como sinónimo listado cando si aparece nun significado anterior (de listas), indica que non é correcto utilizar listado neste caso--[[Usuario:Xián|Xián]] ([[Conversa usuario:Xián|conversa]]) 18:30, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Revisión como estaba o 15 de xuño de 2012 ás 18:30

O corrector detecta como erro babosa, para a que propón lesma. O caso é que baboso, -a, como adxectivo, é válido (ameixa babosa). E non sei como se poñen este tipo de excepcións ou comentarios. Pedro --Lameiro (conversa) 12:57, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Outro caso é recorrer, incorrecto co significado de ir dunha parte a outra (correcto: percorrer), pero válido co significado de presentar recurso ou utilizar unha cousa como axuda ou solución. Pedro --Lameiro (conversa) 13:01, 5 de novembro de 2011 (UTC)

  • Eu entendo que estas debes quedar excluídas do corrector. --Atobar (conversa comigo) 13:34, 5 de novembro de 2011 (UTC)
A non ser que consideremos que eses erros son moi comúns e compensa que a ferramenta mostre algúns falsos positivos, se aceptamos esa idea na parte que indica a corrección habería que explicar o caso no que se debe cambiar. Non estou dicindo que eses termos sean o caso, aínda non os revisei cando teña un momento mirareinos máis, só o comento para que o teñades en conta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:42, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Outras particularidades a ter presente:

  • *Resume, como substantivo, é erróneo, por resumo, pero como conxugación do verbo resumir non o é. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 6 de novembro de 2011 (UTC)
  • *Ola, erróneo se estamos a falar do mar, pero correcto se falamos do recipiente de cociña. Pedro --Lameiro (conversa) 20:13, 6 de novembro de 2011 (UTC)

Revisei eses termos un pouco e eu o que propoño é que se manteñan pero poñendo no termo substituto un pequeno texto aclaratorio, o usuario decidirá con esa axuda se debe cambiarse ou non. As miñas propostas de texto para o revisor, e se estades dacordo metereinas na lista, son:

-*babosa>lesma, só no caso do molusco gasterópodo pulmonado
-*recorrer>percorrer, só no caso de andar un traxecto
-*resume>resumo, só no caso do substantivo
-*ola>onda, só no caso de movemento oscilatorio

Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:27, 10 de novembro de 2011 (UTC)

  • Paréceme unha moi boa solución. Pedro --Lameiro (conversa) 00:33, 10 de novembro de 2011 (UTC)
    • No caso de onda, tamén pode ter outra acepción, de na casa, lugar, sitio de. Ex.: Manolo, vai onda María, que esperan por ti para comer. --Atobar (conversa comigo) 00:44, 10 de novembro de 2011 (UTC)
Si pero ese onda difícilmente estará relacionado con *ola, que é o termo que vai detectar esa liña. Vou poñer no comentario de enriba os termos incorrectos asociados para que se vexa mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:04, 10 de novembro de 2011 (UTC)
Como non había máis problemas engadín as aclaracións estas á lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:48, 18 de novembro de 2011 (UTC)

Ampliación da lista

Como fai tempo que isto xa está funcionando e parece que non da maiores problemas vou ir engadindo ós poucos os termos incorrectos da lista do dicionario Digalego que está nesta páxina para ir facendo que engorde. Se nalgún momento atopades que da algún tipo de problema avisade e o revisamos e desfacemos o que sexa preciso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:19, 29 de novembro de 2011 (UTC)

Engadir ou non engadir: *este, punto cardinal

Cando se pon *este usado coma punto cardinal é incorrecto xa que debe poñerse leste. O problema é que este é correcto e bastante usado pero *este coma punto cardinal tamén penso que é moi usado incorrectamente. Eu dicía de engadilo aclarando que so é incorrecto no caso de usarse coma punto cardinal, a pesares de que mostre moitos falsos positivos penso que se cada *este incorrecto se amaña será unha boa cousa para a Galipedia. É moi complicado atopar as formas incorrectas e a única forma é facelo a man, esta inclusión axudaranos a fixarnos neste problema. Se despois dun tempo vemos que é demasiado molesto poñemolo de novo entre comentarios. ¿Que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:10, 20 de decembro de 2011 (UTC)

  • Os outros exemplos problemáticos que xa se mencionaron son máis infrecuentes que o que dás agora. Quero dicir que se marcamos como erro *este van aparecer moitísimos falsos positivos. Non sei pero quizais neste caso deberiamos asumir que tamén temos que ter falsos negativos. Pedro --Lameiro (conversa) 14:56, 20 de decembro de 2011 (UTC)
Vale, deixámolo estar porque tes razón en que serían excesivos os falsos positivos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:25, 21 de decembro de 2011 (UTC)

Tamén hai falsos negativos (se é que se di así)

Acabo de sorprenderme cando repasando o artigo Kodak atopo marcado como errónea a palabra "equipamento", e propón substituíla por "equipamiento". Supoño que será consecuencia de que corrixe, non sei como, "equipa", e engade logo o "miento". Non sei. Lembro agora que tamén marca como errónea a sílaba "si", supoño que porque a confunde con "se". Pedro --Lameiro (conversa) 21:43, 31 de marzo de 2012 (UTC)

É debido aos últimos engadidos de Vivaelcelta, que asemella que os trouxo dunha lista en castelán. Cómpre revisalos. --. HombreDHojalata.conversa 22:08, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Verbos

Boas! Acabo de engadir a corrección transcurrir > transcorrer á listaxe e entroume a dúbida de se nestes casos se debería introducir todos os tempos verbais ou se resultaría redundante. Explícome: alguén que cometa o erro "transcurrir" moi probablemente escriba transcurriron, transcurrirán, transcurriu e así sucesivamente en cada unha das formas do verbo. Neste caso, tratándose dun verbo empregado normalmente para falar de "tempo", eu decidín só poñer as formas en terceira persoa (de singular e plural), así como o xerundio e o participio. Pero supoño que si haberá casos en que sería máis preciso engadir todas as formas. Vós que pensades? --VaiPolaSombra (conversa) 18:39, 14 de xuño de 2012 (UTC)

Cantas máis metas mellor. --. HombreDHojalata.conversa 20:50, 14 de xuño de 2012 (UTC)
Queres dicir poñer toda a conxugación dun verbo?. Eu penso que antes de meternos niso, que non sei se podería facer que deixara de funcionar a ferramenta, deberíamos seguir engadindo termos incorrectos xa que faltan moitísimos. Como fonte para ir ampliando a lista podemos usar Volga. Para usar o Volga o que se me ocorreu o outro día é facer consultas con * de forma ordenada, é dicir, primeiro buscar aa*, ab*, ac*, ad*, etc e das listas que saen ir mirando os termos que saen en vermello que son os incorrectos. É unha panzada buscar así os termos pero non se me ocorreu outra, a vantaxe é que así nos aseguramos a inclusión de termos realmente incorrectos e tamén da súa completitude. Eu estes días vou revisar as palabras que comezan por a, logo xa mirarei.
Outro sitio que ten ristras de termos incorrectos é este, hai moitos que faltan na lista (aínda que hai que ir con tino porque ten algún erro) e tamén é un bo choio comparalos cos que xa temos, e logo temos a lista de castelanismos da Galipedia que tamén habería que revisar, aínda que tendo ollo porque tamén pode ter erros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:04, 15 de xuño de 2012 (UTC)
Revisei os termos comezados por a* marcados como incorrectos no VolG. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:38, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Listado/s

Penso que deberiamos eliminar "listado" e "listados" da listaxe de incorreccións.

O dicionario da RAG di listar: v.t. 1. Incluír [alguén] nunha lista, relación, rexistro etc. O adestrador listou dous xogadores da canteira para o próximo partido. sin. alistar. ant. desalistar. 2. Dispoñer [datos] en forma de lista. O profesor listou a relación de aprobados. (negras engadidas)

Logo o participio substantivado sería tamén correcto: O profesor fixo un listado. Non si?--. HombreDHojalata.conversa 17:42, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Listado unicamente aparece como De listas, pero iso é porque está definindo ao adxectivo, non ao substantivo. --. HombreDHojalata.conversa 17:42, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Pola contra o dicionario da RAE en listado só da a acepción de "De listas", non da nengunha para lista. E de lista da como sinónimos inventario e táboa. No VolGa listado só aparece como adxectivo, listado/listada. Penso que como moito podería aclararse un pouco que é válido se é "De listas". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:25, 15 de xuño de 2012 (UTC)
Que está nunha lista é alistado[1], o feito que non traia como sinónimo listado cando si aparece nun significado anterior (de listas), indica que non é correcto utilizar listado neste caso--Xián (conversa) 18:30, 15 de xuño de 2012 (UTC)