Tenzón: Diferenzas entre revisións
m r2.5.2) (Bot: Elimino: es:Tensón |
m Bot: Engado: es:Tensón |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[cs:Tencóna]] |
[[cs:Tencóna]] |
||
[[en:Tenso]] |
[[en:Tenso]] |
||
[[es:Tensón]] |
|||
[[fr:Tenson (chanson)]] |
[[fr:Tenson (chanson)]] |
||
[[it:Tenzone]] |
[[it:Tenzone]] |
Revisión como estaba o 8 de maio de 2012 ás 16:58
A tenzón é unha cantiga de xénero xocoso[1], que constitúe un xénero menor da lírica occitana[2] elaborada en forma de debate aberto entre dous e ás veces máis poetas[3]. É tamén un subxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograres e trobadores.
Características
A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldizer.
Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.
Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.