Diferenzas entre revisións de «Sarcómero»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
A concentración de calcio nas células musculares está controlada polo [[retículo sarcoplásmico]], un tipo especial de [[retículo endoplasmático]] liso que se encontra no [[sarcoplasma]]. A contracción muscular acaba cando os ións calcio son bombeados de volta ao retículo sarcoplásmico, o que permite que o aparato contráctil da célula muscular se relaxe.
 
Durante a estimulación da célula muscular, a motoneurona que inerva a fibra muscular libera o [[neurotransmisor]] [[acetilcolina]], o cal viaxa a través da unión neuromuscular (a [[sinapse]] entre o botón terminal da neurona e a célula muscular). A [[acetilcolina]] únese a un [[receptor de acetilcolina nicotínico]] postsináptico na célula muscular. Un cambio na conformación do receptor permite o fluxo de ións sodio cara ao interior da célula e o inicio dun potencial de acción postsináptico. O [[potencial de acción]] viaxa despois ao longo dos túbulos T (transversos) ata que chega ao retículo sarcoplásmico. O potencial de acción cambia a permeabilidade do retículo sarcoplásmico, permitindo o fluxo de saída de ións calcio cara ao sarcómero. A saída de ións calcio fai que as cabezas de miosina teñan acceso aos sitios de unión da actina e formen pontes cruzadas, o que determina a contracción muscular.
 
==Repouso==
183.801

edicións

Menú de navegación

Ferramentas persoais

Espazos de nomes

Variantes