Monosacárido: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.5) (Bot: Engado: be-x-old:Монацукрыды |
m r2.7.2) (Bot: Modifico: pl:Monosacharydy |
||
Liña 50: | Liña 50: | ||
[[no:Enkle sukkerarter]] |
[[no:Enkle sukkerarter]] |
||
[[oc:Òsa]] |
[[oc:Òsa]] |
||
[[pl: |
[[pl:Monosacharydy]] |
||
[[pt:Monossacarídeo]] |
[[pt:Monossacarídeo]] |
||
[[ro:Monozaharide]] |
[[ro:Monozaharide]] |
Revisión como estaba o 8 de abril de 2012 ás 10:54
Os monosacáridos son os hidratos de carbono máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de carbono na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse aldosas; no segundo, cetosas.
Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: glicosa, galactosa e frutosa.
- Glicosa: ou dextrosa (C6H12O6), presente nas froitas e verduras, é a principal fonte de enerxía das células e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa , e de reserva enerxética, como o amidón.
- Galactosa: rara na súa forma libre, está presente na lactosa ou azucre do leite, sendo o leite a principal fonte de galactosa da dieta. A lactosa é un disacárido formado por unha molécula de galactosa e outra de glicosa. Tamén se atopa formando outras moléculas complexas, como os glicolípidos e as glicoproteínas das membranas celulares.
- Frutosa: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no mel (no que é o compoñente principal).
Estrutura química
-
Glicosa
-
Galactosa
-
Frutosa