Emilio Viqueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ca:Emilio José Viqueira Moure
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a Copa do Rei de fútbol na páxina "Copa do Rei"
Liña 82: Liña 82:


* Subcampión del [[Trofeo Colombino]] 2002 co [[Recreativo de Huelva]].
* Subcampión del [[Trofeo Colombino]] 2002 co [[Recreativo de Huelva]].
* Subcampión de la [[Copa do Rei]] 2003 co [[Recreativo de Huelva]].
* Subcampión de la [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] 2003 co [[Recreativo de Huelva]].
* Campión do [[Trofeo Colombino]] 2003 co [[Recreativo de Huelva]].
* Campión do [[Trofeo Colombino]] 2003 co [[Recreativo de Huelva]].
* Campión do [[Trofeo Colombino]] 2004 co [[Recreativo de Huelva]].
* Campión do [[Trofeo Colombino]] 2004 co [[Recreativo de Huelva]].

Revisión como estaba o 2 de abril de 2012 ás 21:04

Modelo:InfFut2 Emilio José Viqueira Moure, nado o 20 de setembro de 1974 en Santiago de Compostela, é un ex futbolista galego. Xogaba de centrocampista e o seu derradeiro club foi o Xerez CD, equipo no que actualmente desempeña o labor de director deportivo.

Biografía

Formouse nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, que estivo no mítico "Superdépor" e non tivo sitio, co cal tivo que buscarse a vida en Segunda División. Chega ao Xerez CD, club no que non brilla, e márchase ao Recreativo de Huelva de Primeira División.

Xa ao ano seguinte, a tempada 2003/04 e á 2004/05 o xogador continua no Recre, sendo un fixo da titularidade, ademais dun novo ídolo da afección, o xa coñecido da tempada anterior como o "Mago" Viqueira, especialmente polos seus lanzamentos de faltas.

A tempada 2005/06, outra gran tempada para o decano, termina nun ascenso a Primeira División, en primeira posición e cun equipo ben labrado, non como os outros dous que ascenderon en anteriores ocasións. Ademais hai experiencia adquirida xa, a xunta directiva e a presidencia é a mesma e comezan a levarse a cabo fichaxes e renovacións con bastante seriedade.

A tempada 2006/07 Viqueira é un dos alicerces do Recreativo de Huelva revelación do campionato.

Finalmente termina a tempada (e o seu contrato) e formaliza o seu traspaso polo Levante UD. A mala situación económica e deportiva do club lévalle a buscar unha salida no mercado de inverno e regresa como cedido ao CD Xerez.

Persoal

Mentres xogaba no Levante UD tivo un accidente de tráfico regresando duns días de descanso por Despeñaperros, do que saíu ileso, xunto a toda a súa familia.

Palmarés

Éxitos personais e outros méritos

  • Xogador da Selección Galega de fútbol dende 2005.
  • Formou parte do primeiro conxunto do decano que acadou a permanencia en Primeira División rematando oitavo.