Prefecturas do Xapón: Diferenzas entre revisións
poño imaxe con título en galego |
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: be:Адміністрацыйны падзел Японіі |
||
Liña 73: | Liña 73: | ||
[[ar:محافظات اليابان]] |
[[ar:محافظات اليابان]] |
||
[[bat-smg:Japuonėjės prefektūras]] |
[[bat-smg:Japuonėjės prefektūras]] |
||
[[be: |
[[be:Адміністрацыйны падзел Японіі]] |
||
[[bg:Административно деление на Япония]] |
[[bg:Административно деление на Япония]] |
||
[[ca:Prefectures del Japó]] |
[[ca:Prefectures del Japó]] |
Revisión como estaba o 19 de marzo de 2012 ás 20:59
O Xapón está subdividido en 47 prefecturas (de catro tipos: 都, to; 道, dō; 府, fu ou 県; ken, de aí o nome xenérico xaponés 都道府県 todōfuken). Toquio é a única metrópole ("to"), Hokkaido é un territorio ("dō"), ambas Quioto e mais Osaka son prefecturas urbanas ("fu"), e o resto son "ken", prefecturas rurais.
Esta división foi establecida polo goberno Meiji en 1871 no que se denomina a abolición do sistema Han. Aínda que inicialmente foron creadas unhas 300 prefecturas, este número foi diminuíndo ata un total de 47 no ano 1888. A Lei do Goberno Local de 1947 outorgou máis poder político ás prefecturas, provéndoas da capacidade de escoller gobernadores mediante eleccións locais.
Segundo a Lei antes mencionada cada prefectura subdivídese en cidades (市 shi), vilas (町 chō), e distritos rurais (郡 gun). Algunhas prefecturas teñen máis delegacións (支庁 shichō) que levan a cabo funcións administrativas da prefectura fóra da capital. En Hokkaido, estas delegacións chámanse subprefecturas.